Salir rápido
Pulsa este botón en cualquier momento para abandonar de inmediato esta página
Recuerda borrar tu historial de navegación para no dejar rastro después de informarte
Utilizamos cookies propias y de terceros únicamente para realizar mediciones y análisis estadísticos de la navegación por las diferentes secciones de la página web con la finalidad de mejorar el contenido que ofrecemos. Al hacer click en 'Aceptar todas las cookies', consiente que todas las cookies se guarden en su dispositivo. Para configurarlas o rechazar su uso haga click en el botón 'Configurar Cookies'.
Para más información consulte nuestra política de cookies
Salir rápido
Pulsa este botón en cualquier momento para abandonar de inmediato esta página
Recuerda borrar tu historial de navegación para no dejar rastro después de informarte
A Sala de Goberno é o órgano de goberno interno dos xulgados e tribunais da Comunidade Autónoma. Cumpre tarefas organizativas e administrativas.
A Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Cantabria está integrada por oito membros e ten carácter representativo, xa que a metade deles son elixidos democraticamente polos xuíces e maxistrados da Comunidade Autónoma. Deses catro membros electos, tres teñen categoría de maxistrado e o cuarto, de xuíz. Completan a Sala de Goberno catro membros natos, é dicir, que o son en función do seu cargo: o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Cantabria que tamén o é da Sala de Goberno, os presidentes da Sala do Contencioso-Administrativo e da Sala do Social, e o presidente da Audiencia Provincial.
Exerce de secretario deste órgano gobernativo o secretario de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Cantabria.
As salas de goberno reuniranse, polo menos, dúas veces por mes, a non ser que non houbese asuntos pendentes, e cantas veces, ademais, teñan que tratar de asuntos urxentes de interese para a Administración de xustiza, cando o considere necesario o presidente do tribunal superior de xustiza, cando o solicite a terceira parte dos seus membros mediante proposta razoada e con expresión do que deba ser obxecto de deliberación e decisión, ou cando o solicite o secretario de gobernó a fin de tratar cuestións que afecten oficinas xudiciais ou secretarios xudiciais que del dependan. A convocatoria será feita polo presidente, con expresión dos asuntos que se van tratar.