Portada do recurso de casación social
Portada que deberá preceder ao escrito de recurso de casación
Etiquetas:
tribunal supremo, sala do social do tribunal supremo, tribunais
Instrucións:
- Utilice o ficheiro “Portada do escrito de formalización ou interposición” (PDF) ou “Portada do escrito de impugnación” (PDF) para xerar o documento que precede ao escrito de recurso de casación.
- Son ficheiros en PDF coa funcionalidade de formulario que permite cumprimentar os diferentes campos da Portada. Para facelo, descargue o ficheiro no seu dispositivo e utilice un programa como Adobe Acrobat Reader ou similar para abrilo e enchelo (algúns navegadores teñen un visor de PDF integrado que lle mostra o contido do ficheiro, pero non ten a capacidade de encher os campos).
- Unha vez enchido, pode gardar o formulario con outro nome, como un ficheiro PDF novo. Desta forma conserva o ficheiro orixinal para outros procedementos (os campos do formulario están limitados en extensión. Os campos de n.º de motivo só admiten valores numéricos).
- Motivos adicionais: os ficheiros “Portada do escrito de formalización o interposición” ou “Portada do escrito de impugnación” están limitados nos motivos. Se se precisa indicar motivos adicionais utilice os ficheiros complementarios “Portada do escrito de formalización ou interposición (Motivos adicionais)” (PDF) ou “Portada do escrito de impugnación (Motivos adicionais)” (PDF) para engadir todos os necesarios. Nestes formularios pode engadir outros motivos. O procedemento para enchelo é o mesmo, e pode repetirse tantas veces como se precise. Asegúrese de manter unha numeración consecutiva dos motivos nos diferentes documentos que xere.
- Imprima ou achegue os formularios enchidos, como documento previo ao escrito de recurso de casación.