Salir rápido
Pulsa este botón en cualquier momento para abandonar de inmediato esta página
Recuerda borrar tu historial de navegación para no dejar rastro después de informarte
Utilizamos cookies propias y de terceros únicamente para realizar mediciones y análisis estadísticos de la navegación por las diferentes secciones de la página web con la finalidad de mejorar el contenido que ofrecemos. Al hacer click en 'Aceptar todas las cookies', consiente que todas las cookies se guarden en su dispositivo. Para configurarlas o rechazar su uso haga click en el botón 'Configurar Cookies'.
Para más información consulte nuestra política de cookies
Salir rápido
Pulsa este botón en cualquier momento para abandonar de inmediato esta página
Recuerda borrar tu historial de navegación para no dejar rastro después de informarte
O experto, referente internacional en xenética, inaugura no Pazo de Mariñán o segundo curso da XXII edición da Escola de Verán do Poder Xudicial
O catedrático de Medicina Legal do Instituto de Ciencias Forenses da Universidade de Santiago de Compostela Ángel Carracedo inaugurou hoxe no Pazo de Mariñán o segundo curso da vixésimo segunda edición da Escola de Verán do Poder Xudicial, organizado baixo o título Avances científicos e a súa repercusión na resolución xudicial.
No seu relatorio inaugural, o experto, referente internacional no ámbito da xenética, abordou a importancia das probas de ADN na solución dalgúns procesos xudiciais. Entre as probas “máis importantes” á hora de axudar a resolver determinados casos enumerou as análises de vestixios biolóxicos que aparecen na escena do crime ou na vítima, as probas de parentesco, as bases de datos de ADN con fins de identificación criminal e os casos de identificación en restos deteriorados ou fragmentados.
“Nos últimos anos a posibilidade de obter datos do individuo que deixou a mostra, entre eles algunhas características físicas como a cor da pel ou dos ollos, a idade ou a orixe xeográfica dos seus devanceiros, está a engadir novas posibilidades”, destacou o especialista, quen tamén participará nalgunhas das mesas redondas destas segundas xornadas da Escola de Verán, que terminará o 12 de xullo.
A introdución do “concepto de probabilidade”, que permitirá aos membros da carreira xudicial “valorar a proba na súa xusta medida” é, segundo apuntou Carracedo, a “revolución máis importante” á que se enfrontan.
Ao relatorio inaugural asistiron os vogais do CXPX Juan Manuel Fernández, director académico da Escola, e Carmen Llombart.
* En la imagen, los vocales del CGPJ Juan Manuel Fernández, director académico de la Escuela, y Carmen Llombart, y el catedrático de Medicina Legal del Instituto de Ciencias Forenses de la Universidade de Santiago de Compostela Ángel Carracedo.