Salir rápido
Pulsa este botón en cualquier momento para abandonar de inmediato esta página
Recuerda borrar tu historial de navegación para no dejar rastro después de informarte
Utilizamos cookies propias y de terceros únicamente para realizar mediciones y análisis estadísticos de la navegación por las diferentes secciones de la página web con la finalidad de mejorar el contenido que ofrecemos. Al hacer click en 'Aceptar todas las cookies', consiente que todas las cookies se guarden en su dispositivo. Para configurarlas o rechazar su uso haga click en el botón 'Configurar Cookies'.
Para más información consulte nuestra política de cookies
Salir rápido
Pulsa este botón en cualquier momento para abandonar de inmediato esta página
Recuerda borrar tu historial de navegación para no dejar rastro después de informarte
O próximo 28 de novembro na Coruña
A expresidenta da Sala do Contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, María Dolores Rivera Frade, será homenaxeada por amigos/as, compañeiros/as e autoridades o próximo 28 de novembro na Coruña, con motivo da súa toma de posesión como maxistrada do Tribunal Supremo.
Rivera foi, en 2019, a primeira muller en presidir unha sala do TSXG. O pasado 16 de setembro tomou posesión ante a Sala de Goberno do alto tribunal como maxistrada da Sala Terceira, cargo para o que foi elixida polo pleno do CXPX na súa sesión do 23 de xullo. No acto, presidido pola presidenta do Tribunal Supremo e do CXPX, Isabel Perelló, Rivera foi amadriñada pola maxistrada da Sala Terceira Esperanza Córdoba.
Traxectoria profesional
Desde 1992, cando ingresou na carreira xudicial, ata o ano 2000, foi titular de xulgados de primeira instancia e instrución en Vilagarcía de Arousa e L’Hospitalet de Llobregat. Os seus seguintes destinos, entre 2000 e 2010, foron o xulgados número 1 e 2 do Contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, desde onde pasou a ocupar unha praza na Sala do Contencioso-administrativo do TSXG, que presidiu desde 2019 ata que foi elixida, este ano, maxistrada do TS. Rivera compatibilizou o exercido da función xurisdicional coa docencia na Universidade de Santiago de Compostela. Desde 2019, dirixe o curso A protección do patrimonio histórico e a súa conexión co urbanismo, organizado polo Servizo de Formación Continua do CXPX en Santiago de Compostela.