Dous anos de prisión e catro de inhabilitación a un médico pola amputación dunha perna a unha ximnasta viguesa

A xuíza considérao responsable dun delito de lesións por imprudencia grave con perda de membro principal e grave deformidade

Autor
Comunicación Poder Judicial

O Xulgado do Penal número 3 de Vigo condenou a dous anos de prisión e inhabilitación especial para o exercicio da profesión médica por un período de 4 anos a un traumatólogo que atendeu a una ximnasta que acabou perdendo unha perna ao ser necesario practicarlle un amputación.

A xuíza considérao responsable dun delito de lesións por imprudencia grave con perda de membro principal e grave deformidade. Condénao así mesmo a indemnizar á prexudicada en máis de dous millóns de euros, así como nos gastos previsibles de asistencia sanitaria e por incremento de custos de mobilidade; cantidades das que deberán responder conxunta e solidariamente o acusado, dúas aseguradoras e o centro médico.

A sentenza non é firme e pódese recorrer ante a Audiencia Provincial de Pontevedra.