A Audiencia condena a 31 anos de prisión ao home acusado de matar á súa muller no hospital de Ourense tras unha agresión previa
A Sala considerou probado que o home agrediu á súa muller cun obxecto similar a un martelo cando esta se atopaba durmindo nun sofá do domicilio conxugal e que despois tratou de simular un roubo
- Autor
- Comunicación Poder Judicial
A Audiencia Provincial de Ourense condenou a 31 anos de prisión ao home acusado de matar á súa muller no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) en maio de 2015 tras unha agresión previa na casa familiar de Verín. O tribunal considérao culpable de dous delitos de asasinato, un consumado e outro en grao de tentativa.
A Sala considerou probado que o home agrediu á súa muller cun obxecto similar a un martelo cando esta se atopaba durmindo nun sofá do domicilio conxugal e que despois tratou de simular un roubo, pensando que ela estaba morta, para xustificar o ataque. Posteriormente, cando a muller se atopaba en proceso de recuperación no hospital de Ourense e xa fora subida a planta, asestoulle dúas puñaladas cun coitelo, o que lle provocou a morte.
Sin Perfil