Salir rápido
Pulsa este botón en cualquier momento para abandonar de inmediato esta página
Recuerda borrar tu historial de navegación para no dejar rastro después de informarte
Utilizamos cookies propias y de terceros únicamente para realizar mediciones y análisis estadísticos de la navegación por las diferentes secciones de la página web con la finalidad de mejorar el contenido que ofrecemos. Al hacer click en 'Aceptar todas las cookies', consiente que todas las cookies se guarden en su dispositivo. Para configurarlas o rechazar su uso haga click en el botón 'Configurar Cookies'.
Para más información consulte nuestra política de cookies
Salir rápido
Pulsa este botón en cualquier momento para abandonar de inmediato esta página
Recuerda borrar tu historial de navegación para no dejar rastro después de informarte
A Audiencia Provincial de Lugo axuizará as presuntas irregularidades relacionadas coa concesión do servizo do guindastre. A Fiscalía pide que o expresidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil e extenente de alcalde de Lugo sexa condenado a nove anos e medio de cárcere e inhabilitado para emprego ou cargo público durante 32 anos
O Xulgado de Instrución número 1 de Lugo abriu xuízo oral contra once investigados na peza principal da denominada operación Pokemon, así como contra dúas empresas, polas presuntas irregularidades cometidas na concesión do servizo do guindastre por parte do Concello de Lugo á compañía asturiana Cechalva, en 2005, así como pola suposta existencia dunha Caixa B na empresa para presuntamente realizar os pagamentos pactados por conseguir a adxudicación do servizo.
Entre as once persoas que se sentarán no banco dos acusados da Audiencia Provincial de Lugo figura o expresidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil e extenente de alcalde do Concello de Lugo. A Fiscalía acúsao de cometer os seguintes delitos: suborno, prevaricación, branqueo de capitais e violación de segredos por funcionario público. Por iso, solicita que sexa condenado a nove anos e medio de cárcere, ao pagamento dunha multa de 950.000 euros e á inhabilitación para emprego ou cargo público durante 32 anos.
J.M.R., a quen se lle atribúe ser a “ligazón” entre Cechalva e o político implicado, enfróntase a unha petición de sete anos e oito meses de cárcere por presuntamente cometer delitos de aproveitamento de información privilexiada, suborno, falsidade en documento mercantil e contable. Dos mesmos delitos están acusados tres socios da empresa (M.S.G., J.P.C.E. e J.L.A.A.), para os cales o fiscal esixe, respectivamente, penas de prisión de sete anos e oito meses; seis anos e tres meses; e dous anos e tres meses. A J.E.C.L. e a A.P.V. impútalles un delito contable e outro de falsidade en documento mercantil, polos que solicita, para cada un deles, dous anos e tres meses de prisión.
Outras dúas persoas investigadas están acusadas de cometer un delito de falsidade en documento mercantil, polo que se enfrontan, respectivamente, a unha petición de seis meses e dun ano e nove meses de cárcere. Por último, o Ministerio Público solicita tres anos e medio de cárcere para un acusado dun delito de branqueo de capitais; e, para outro sospeitoso do mesmo delito, catro anos de cárcere. Ademais, para cada unha das dúas empresas implicadas demanda o pagamento dunha multa de 4.050 euros e a inhabilitación, por un prazo de sete meses, para obter subvencións e axudas públicas, para contratar no sector público e para gozar de beneficios e incentivos fiscais ou da Seguridade Social.
No auto, a xuíza confirma a liberdade provisional dos investigados, pois explica que non variaron as circunstancias respecto a cando acordou a medida. Na resolución, debido ás responsabilidades pecuniarias nas que poderían incorrer os acusados, ordena requirilos para que presten fianzas que oscilan entre os 2.400 e os 1.266.666 euros. Esta última, que é a máis alta, é a solicitada ao expresidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil e extenente de alcalde do Concello de Lugo. Contra o auto de apertura de xuízo oral da peza principal da operación Pokemon, a cal consta de ao redor de 170.000 folios, non cabe presentar recurso, excepto no relativo á situación persoal dos acusados.