Salir rápido
Pulsa este botón en cualquier momento para abandonar de inmediato esta página
Recuerda borrar tu historial de navegación para no dejar rastro después de informarte
Utilizamos cookies propias y de terceros únicamente para realizar mediciones y análisis estadísticos de la navegación por las diferentes secciones de la página web con la finalidad de mejorar el contenido que ofrecemos. Al hacer click en 'Aceptar todas las cookies', consiente que todas las cookies se guarden en su dispositivo. Para configurarlas o rechazar su uso haga click en el botón 'Configurar Cookies'.
Para más información consulte nuestra política de cookies
Salir rápido
Pulsa este botón en cualquier momento para abandonar de inmediato esta página
Recuerda borrar tu historial de navegación para no dejar rastro después de informarte
A Sala conclúe no auto que as actuacións previstas no proxecto do parque “afectan os hábitats de interese comunitario e de especies catalogadas situados no humidal das Brañas de Amil
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) suspendeu de forma cautelar a execución do parque eólico Acibal -cuxas obras xa comezaron-, situado nos termos municipais de Barro, Campo Lameiro e Moraña (Pontevedra). A sección terceira da Sala do Contencioso-administrativo acolleu a pretensión da asociación Ecoloxistas en Acción Galiza e suspendeu, sen caución, a execución da resolución da Xunta que lle outorgou á empresa Norvento a autorización administrativa previa e a de construción das instalacións, á vez que declarou a súa utilidade pública e a súa compatibilidade con diversos aproveitamentos forestais.
A Sala conclúe no auto que as actuacións previstas no proxecto do parque “afectan os hábitats de interese comunitario e de especies catalogadas situados no humidal das Brañas de Amil, así como aos petróglifos aí situados, do mesmo xeito que no monte Acibal e no Curro de Amil, afectación cuxa maior ou menor intensidade e grao de protección, corrección ou compensación determinaranse (no seu caso) no recurso principal”.
Ademais, destaca que, aínda que consta que se executaron o vial de acceso e o principal, así como os ramais de acceso a dous aeroxeradores e algunhas plataformas, “non está acreditada a finalización de todas as obras que, segundo o cronograma, se presume que o estarían ao finalizar o mes de novembro, do que resulta que aínda se poden producir afectacións ao medio ambiente e ao patrimonio que poderían ser irreparables, iso sen esquecer as que puidesen resultar da posta en funcionamento do parque”. Por todo iso, aprecia o periculum in mora (perigo pola demora procesual), que forma parte da esencia da medida cautelar, pois con ela téntase asegurar que a futura sentenza se poida levar á práctica de modo útil.
Ademais, o alto tribunal galego considera que tamén se cumpre o requisito do fumus boni iuris (aparencia de bo dereito), que ampara a suspensión interesada, pois da lectura da resolución que autorizou a execución do parque eólico Acibal apréciase que o procedemento se conduciu “de forma análoga” á que deu lugar á autorización dun parque anulado por sentenzas do TSXG, emitidas en xaneiro de 2022. Ademais, engade que “existe un argumento máis que impediría a execución do parque eólico, que é a posible afectación que ao fumus boni iuris lle produciría a futura sentenza que dite o Tribunal Supremo”. Así, sinala que iso conecta co disposto no artigo 56.5 da Lei Reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa, en cuxo suposto, e por analoxía ao que nese precepto se establece no procedemento ordinario respecto deste separado de medida cautelar, o que procedería “sería esperar ao que resolva aquel tribunal nos recursos de casación que admitiu respecto dunha das dúas cuestións que amparan a doutrina do bo dereito da presumible pretensión anulatoria”.
Finalmente, en canto aos intereses que se contrapoñen, os maxistrados destacan no auto que “se deben ponderar uns e outros, para inclinarse polos que sexan máis dignos de protección, que, dun lado, é a protección ambiental e patrimonial, e do outro, a obtención de enerxía renovable, sen esquecer o interese dos seus destinatarios e o económico da promotora, unido ao alto custo que para ela ten o proxecto de execución (9.421.337,75 euros)”. A Sala conclúe que os intereses en xogo prevalecentes son os que defende a asociación ecoloxista, “sen esquecer o dos veciños que poderían ver expropiadas as súas propiedades para executar o parque eólico”.
A sección terceira da Sala do Contencioso-administrativo do TSXG destaca que xa advertiu en decembro de 2022 nun auto, no que citaba unha sentenza do Tribunal Supremo, “que os principios de cautela, prevención e precaución son propios do Dereito da Unión Europea, de modo que, ante a mera posibilidade de que se produza un dano irreparable ou de moi difícil ou incerta reparación -aínda adoptando medidas correctoras sobre as zonas protexidas-, debe prevalecer a suspensión da execución da actividade que pode producir ese risco, ao ser prevalecente o interese xeral en manter indemnes eses espazos públicos sobre o particular que ten a promotora do parque eólico Acibal en executar de forma inmediata o proxecto autorizado, por moi lexítimo que sexa o seu dereito”.
Este interese prevalecente, así como a existencia de posibles danos irreparables e a aparencia de bo dereito da pretensión anulatoria foron igualmente tidos en conta para que a Sala suspendese a execución doutros parques eólicos. Con todo, advirte que iso “non significa, de ningún xeito, que se aplique a suspensión de forma automática”, como proba que se denegase noutros casos. O auto, que non é firme, pois contra el cabe presentar recurso de reposición, está asinado por cinco maxistrados/as e conta cun voto particular dunha das maxistradas, quen entende que “non procedía o outorgamento da medida, senón a suspensión da decisión mentres non se ditase resolución no incidente de inadmisión”.