Salir rápido
Pulsa este botón en cualquier momento para abandonar de inmediato esta página
Recuerda borrar tu historial de navegación para no dejar rastro después de informarte
Utilizamos cookies propias y de terceros únicamente para realizar mediciones y análisis estadísticos de la navegación por las diferentes secciones de la página web con la finalidad de mejorar el contenido que ofrecemos. Al hacer click en 'Aceptar todas las cookies', consiente que todas las cookies se guarden en su dispositivo. Para configurarlas o rechazar su uso haga click en el botón 'Configurar Cookies'.
Para más información consulte nuestra política de cookies
Salir rápido
Pulsa este botón en cualquier momento para abandonar de inmediato esta página
Recuerda borrar tu historial de navegación para no dejar rastro después de informarte
A Sala insta a continuar coa execución da sentenza de 2024 na que condenou á Administración local a tomar as medidas necesarias
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ordena a continuación da execución da sentenza na que condenou, en maio de 2024, ao Concello de Vigo por vulnerar os dereitos fundamentais á intimidade persoal e familiar e á inviolabilidade do domicilio dunha veciña do Areal polo ruído provocado durante a celebración do Nadal do ano 2022-2023.
Os maxistrados da sección terceira da Sala do Contencioso-administrativo do TSXG decretaron entón que o Concello adoptase “as medidas necesarias” para evitar “a reiteración da súa conduta lesiva dos dereitos fundamentais” e para garantir “que os niveis de ruídos exteriores e interiores non pasen os limiares fixados polas normas aplicables”. Ademais, impúxolle o abono dunha indemnización de 600 euros á demandante polos danos ocasionados, que xa fixo efectiva.
Na sentenza, notificada hoxe, a Sala acolle o recurso de apelación interposto pola afectada contra o auto do Xulgado do Contencioso-administrativo número 1 de Vigo que declarou executada a sentenza firme do TSXG. Polo tanto, ordena a continuación da execución da sentenza, “que se cinguirá exclusivamente á condena á entidade local a garantir que, na zona onde reside aquela veciña, os niveis de ruído non pasen os limiares fixados na normativa vixente”. A sentenza non é firme, pois cabe interpoñer recurso de casación.