Salir rápido
Pulsa este botón en cualquier momento para abandonar de inmediato esta página
Recuerda borrar tu historial de navegación para no dejar rastro después de informarte
Utilizamos cookies propias y de terceros únicamente para realizar mediciones y análisis estadísticos de la navegación por las diferentes secciones de la página web con la finalidad de mejorar el contenido que ofrecemos. Al hacer click en 'Aceptar todas las cookies', consiente que todas las cookies se guarden en su dispositivo. Para configurarlas o rechazar su uso haga click en el botón 'Configurar Cookies'.
Para más información consulte nuestra política de cookies
Salir rápido
Pulsa este botón en cualquier momento para abandonar de inmediato esta página
Recuerda borrar tu historial de navegación para no dejar rastro después de informarte
Os maxistrados ratifican a sentenza do Xulgado do Contencioso-administrativo número 1 de Pontevedra, pioneira en Galicia, que condenou á Xunta a pagarlle unha compensación de 44.713 euros
A sección primeira da Sala do Contencioso-administrativo do TSXG ratifica a sentenza do maxistrado do Xulgado do Contencioso-administrativo número 1 de Pontevedra, pioneira en Galicia, na que condenou á Xunta a pagar unha compensación económica de 44.713 euros a un docente polo seu cesamento como persoal interino, posto que desempeñou durante 30 anos, tras non superar as probas dun procedemento de estabilización convocado pola Administración autonómica.
O TSXG, polo tanto, rexeita o recurso de apelación interposto pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades contra a sentenza de primeira instancia, ditada en outubro de 2024, a cal confirma. Na resolución, os maxistrados destacan que a compensación económica se prevé no artigo 2.6 da lei 20/2021, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, cuxo obxectivo “é tanto poñer fin á excesiva temporalidade nas administracións como dar unha resposta legal á compensación económica polo abuso na temporalidade da mesma, aplicando a cláusula 5ª da Directiva 1999/70/CE do Consello”. Dita lei, segundo consta na resolución, recoñécelle ao docente o dereito a percibir a compensación que reclama, equivalente ás retribucións fixas de 20 días por ano de servizo, ata un máximo de 12 mensualidades.
“A Xunta fixo coincidir a efectividade da adxudicación de destino a quen superou o proceso de estabilización co comezo do curso académico 2023/2024, e á vez co fin do nomeamento como funcionario interino do actor”, destaca a Sala na sentenza, na que engade que, con iso, “se xerou a aparencia de que o motivo do cesamento do actor foi o fin do nomeamento como funcionario interino cando, en realidade, foi a non superación do proceso selectivo de estabilización ao que se presentou”. Así, destaca que, en efecto, as dúas prazas vacantes da súa especialidade foron convocadas no proceso de estabilización, as cales foron adxudicadas aos aspirantes que o superaron.
O TSXG salienta que “se bastase con que a administración educativa advertise desde o inicio do curso escolar da data de finalización da interinidade ao termo dese curso, desaparecería gran parte do efecto útil do artigo 2.6 da Lei 20/2021 porque, dese modo, pecharía a posibilidade de percepción da indemnización simplemente con realizar aquela advertencia, aínda que o funcionario interino se presentase ao proceso de estabilización, non o superase e por iso vise finalizada a súa relación coa administración”.
A sección primeira da Sala do Contencioso-administrativo conclúe que o demandante “viu finalizada a súa vinculación coa administración pola non superación do proceso selectivo, pois, de feito, quedou en situación de desemprego todo o curso escolar 2023-2024”. Os maxistrados aseguran que, “se aprobase o proceso de estabilización, podería optar a unha das prazas vacantes convocadas e continuaría a relación coa administración, aínda que xa como funcionario de carreira”. Por iso, afirma que se non puido ser nomeado para o curso escolar 2023-2024 foi “porque as dúas prazas vacantes da súa especialidade foron adxudicadas aos dous aspirantes que superaron o proceso selectivo de estabilización, logo está claro que a razón de que vise finalizada a súa relación coa administración foi que non superou o proceso selectivo de estabilización”.
Polo tanto, o TSXG recalca que, neste caso, se presentan os presupostos esixidos para o recoñecemento do dereito á indemnización solicitada. A sentenza non é firme, pois cabe presentar recurso ante o Tribunal Supremo.