Salir rápido
Pulsa este botón en cualquier momento para abandonar de inmediato esta página
Recuerda borrar tu historial de navegación para no dejar rastro después de informarte
Utilizamos cookies propias y de terceros únicamente para realizar mediciones y análisis estadísticos de la navegación por las diferentes secciones de la página web con la finalidad de mejorar el contenido que ofrecemos. Al hacer click en 'Aceptar todas las cookies', consiente que todas las cookies se guarden en su dispositivo. Para configurarlas o rechazar su uso haga click en el botón 'Configurar Cookies'.
Para más información consulte nuestra política de cookies
Salir rápido
Pulsa este botón en cualquier momento para abandonar de inmediato esta página
Recuerda borrar tu historial de navegación para no dejar rastro después de informarte
A sala entende acreditado que aproveitou a súa “posición de confianza" e vulnerou os deberes deontolóxicos
A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago de Compostela, condena a un avogado a catro anos e medio de cárcere estafar a un cliente, quen lle entregou diversas cantidades de cartos baixo a crenza de que eran necesarias para a tramitación de procedementos xudiciais relacionados coa legalización dunha propiedade familiar. O tribunal, que o considera autor dun delito de estafa agravada, tamén o multa con 6.600 euros e inhabilítao para o exercicio da profesión durante o tempo da condena.
Ademais, imponlle outra multa de 10.800 euros por cometer un delito de quebrantamento de condena e absólveo dos delitos de apropiación indebida e deslealdade profesional. O acusado deberá devolver ao cliente os 34.650 euros estafados e indemnizalo con 20.000 euros en concepto de dano moral.
A sala entende acreditado que o avogado, que levaba anos representando á familia en diversos procedementos, aproveitou "de forma reiterada” a súa “posición de confianza" e vulnerou os deberes deontolóxicos ao solicitar diñeiro ao seu cliente. Entre 2010 e 2015, segundo consta no fallo, reclamoulle 34.650 euros alegando falsos gastos xudiciais, cantidades que nunca se abonaron ao proceso, senón que pasaron a formar parte do seu patrimonio.
Ademais, os maxistrados destacan que, a pesar de que o avogado fora condenado previamente por delitos similares, continuou asesorando ao cliente durante a súa inhabilitación profesional, o que constituíu un quebrantamento de condena.
A Audiencia salienta que tanto as declaracións da vítima como da súa esposa son cribles, mentres que entenden que a versión do acusado é "contraditoria" e "incompatible coa falta de constancia documental das entregas de cartos no seu despacho".
A sentenza non é firme, xa que pode ser recorrida ante o TSXG.