Formulario de queixa ou reclamación ON LINE (CON CERTIFICADO ELECTRÓNICO)

  • Podes presentar queixas ou suxestións sobre o funcionamento dos órganos xudiciais. Para iso, podes usar o formulario de queixa en liña se tes certificado electrónico; ou o formulario imprimible ou preenchible se non tes certificado ou desexas presentar o teu documento en persoa.
  • O teu documento será enviado á Unidade de Atención ao Cidadán do Consello Xeral do Poder Xudicial, que responderá o antes posible.
  • Ten en conta que non podemos tramitar queixas baseadas en discrepancias ou desacordos que poidas ter co contido dunha sentenza ou calquera outra resolución xudicial.
  • Recordámoslle que si o que vostede desexa é interpoñer unha denuncia poderá facelo perante o xulgado de garda, fiscalía ou comisaría de policía mais próxima. A comunicación de feitos presuntamente delituosos que resultaren falsos e atentatorios contra outros, dará lugar ao exercicio das accións legais procedentes.
  • As queixas e suxestións relativas aos Rexistros Civís deben dirixirse ao Ministerio de Xustiza: https://sede.mjusticia.gob.es/es/tramites/quejas-sugerencias
  • Suxerímoslle que, antes de encher este formulario, lea o apartado sobre información básica de queixas e reclamacións, así como a nosa sección de preguntas frecuentes.
  • Os datos persoais serán tratados polo Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) e incorporaranse á actividade de tratamento “Queixas e suxestións relativas á Administración de Xustiza”, cuxa finalidade é tramitar as queixas, reclamacións e suxestións dos cidadáns sobre asuntos relacionados coa Administración de Xustiza. Os seus datos persoais serán tratados coa finalidade de xestionar a documentación presentada en relación coa queixa, reclamación ou suxestión recibida. A base xurídica para o tratamento dos seus datos é o cumprimento dunha obriga legal segundo o disposto na Lei Orgánica do Poder Xudicial e no Regulamento 1/1998 sobre a tramitación de queixas e reclamacións relativas ao funcionamento dos xulgados e tribunais. Os seus datos serán conservados durante o tempo necesario para cumprir a finalidade para a que foron recollidos e para determinar as posibles responsabilidades que poidan derivarse de dita finalidade e do tratamento dos seus datos. Aplicarase o disposto na normativa sobre arquivos e documentación. Podes exercer os teus dereitos de protección de datos, se é o caso, ante o CGPJ, rúa Marqués de la Ensenada nº8, Madrid CP 28004, ou mediante o formulario dispoñible nesta ligazón: https://www.poderjudicial.es/cgpj/es/Temas/Proteccion-de-Datos/Ejercicio-de-derechos--formulario/
    Se desexas contactar co delegado de protección de datos do CGPJ http://www.poderjudicial.es/cgpj/es/Temas/Proteccion-de-Datos/Delegado-de-Proteccion-de-Datos/ Finalmente, pode exercer o dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos, que é a autoridade competente en relación coas actividades de tratamento das que é responsable o CGPJ.