O Plan de Modernización da Xustiza

O Plan de modernización da xustiza foi aprobado polo Pleno do Consello Xeral do Poder Xudicial, que tivo lugar o 12 de novembro de 2008. Este plan oriéntase ao perfeccionamento da Administración de Xustiza incidindo nos factores ligados á modernización e innovación, segundo la constante demanda dos operadores xurídicos.

A estrutura do plan cobre dous grupos principais, o plan de modernización propiamente dito, así como o plan de actuación inmediata para a mellora da xustiza.

Tocante aos seus obxectivos, cabe destacar:

  • A implantación da Oficina Xudicial.
  • A reestruturación da planta e demarcación xudicial.
  • A aplicación das novas tecnoloxías, dentro do marco xeral coñecido como e-Xustiza.
  • A efectividade das medidas da Carta de Dereitos e do Plan de transparencia xudicial.
  • O seguimento e a mellora da actividade dos órganos xudiciais.
  • O impulso das reformas procesuais.
  • O estatuto do xuíz.
  • A organización territorial do Estado.

Estes obxectivos desenvólvense a través de proxectos e de actividades concretas, previstos no Plan de actuación inmediata, cuxa coordinación corresponde á Comisión de Modernización e Informática.

A citada comisión debe ocuparse da coordinación de programas e aplicacións informáticas estatais e autonómicas, da mellora de sistemas informáticos de xestión procesual, da redución e formación de funcionarios interinos, introducindo melloras urxentes na xestión do persoal da Administración de Xustiza, o impulso das medidas necesarias para unha efectiva conciliación da vida laboral e familiar, o fomento na adopción de sistemas de prevención de riscos laborais, que cumpran cos preceptos de salubridade e seguridade no traballo, así como doutras actuacións a curto prazo.

En todo caso, os obxectivos, proxectos e tarefas do Plan de modernización da xustiza supoñen:

  • A aplicación das novas tecnoloxías, dentro do marco xeral coñecido como e-Xustiza.
  • A coordinación de programas e aplicacións informáticas estatais e autonómicas.
  • A mellora dos sistemas informáticos de xestión procesual.