Salir rápido
Pulsa este botón en cualquier momento para abandonar de inmediato esta página
Recuerda borrar tu historial de navegación para no dejar rastro después de informarte
Utilizamos cookies propias y de terceros únicamente para realizar mediciones y análisis estadísticos de la navegación por las diferentes secciones de la página web con la finalidad de mejorar el contenido que ofrecemos. Al hacer click en 'Aceptar todas las cookies', consiente que todas las cookies se guarden en su dispositivo. Para configurarlas o rechazar su uso haga click en el botón 'Configurar Cookies'.
Para más información consulte nuestra política de cookies
Salir rápido
Pulsa este botón en cualquier momento para abandonar de inmediato esta página
Recuerda borrar tu historial de navegación para no dejar rastro después de informarte
Mediante a análise xurídica, incorpóranse valores ás resolucións xudiciais, o que contribúe a constituír o Fondo Documental Cendox, que é a base de datos que se ofrece no contorno restrinxido para a carreira xudicial.
A análise xurídica das resolucións comporta o fornecemento de notables valores engadidos, tales como:
Procédese á análise da totalidade das sentenzas do Tribunal Supremo e ao dunha selección das ditadas pola Audiencia Nacional e o resto de órganos colexiados desde o ano 2006.
A análise de sentenzas procedentes do Tribunal Supremo realízase por membros do Gabinete Técnico deste tribunal, coordinados pola súa Xefatura. As resolucións dimanantes da Audiencia Nacional e do resto de órganos colexiados son analizadas por integrantes destes tribunais o que, en todos os casos, ofrece unha excelente garantía de calidade.
En relación á normativa reguladora e selección dos analistas, ditáronse acordos expresos polo Consello Xeral do Poder Xudicial, procedendo a realizar convocatorias periódicas para a incorporación e renovación dos seus integrantes.
O Fondo Documental ofrece un pormenorizado buscador de xurisprudencia ao que se incorpora a análise de resolucións descrita, así como buscadores de lexislación consolidada coas distintas versións que a norma sufriu ao longo da súa vida. Inclúe tamén os relatorios dos cursos organizados polo CXPX e publicacións monográficas, así como circulares, instrucións e consultas emitidas pola Fiscalía Xeral do Estado desde o ano 2000. Mostra tamén unha área persoal, na que se poden gardar procuras, documentos, imprimir, enviar, etc. Así mesmo preséntanse os últimos dossieres documentais e ofrécese un buscador para acceder a todos eles.
No FD Cendox encóntrase incorporado tamén ao Fondo histórico do Tribunal Supremo, desde 1852 ata 1978.
TESAURO XURÍDICO CENDOX
Un Tesauro é unha lista controlada e estruturada de conceptos, cuxo obxecto é axudar ao usuario na recuperación da información, así como suxerirlle conceptos relacionados que expresen mellor o seu pensamento.
Desde o Centro de Documentación Xudicial elaborouse o Tesauro de Xurisprudencia que contén ao redor de 22.000 termos correspondentes a todas as ordes xurisdicionais.
Este Tesauro é unha valiosa ferramenta de organización conceptual das materias tratadas polas decisións xudiciais. Así, o uso da súa terminoloxía estándar facilita a recuperación da información, permitindo xestionar e sistematizar a inxente cantidade de resolucións do Fondo de Xurisprudencia.
Cabe salientar que se trata dunha ferramenta en constante renovación, suxeita a adicións, rectificacións e supresións de termos, modificacións en moitas ocasións suxeridas polos propios usuarios.