Relacións Internacionais

O Consello Xeral do Poder Xudicial actúa en tres áreas no ámbito das relacións internacionais:

  1. Cooperación ao desenvolvemento
  2. Auxilio Xudicial
  3. Relacións Institucionais

Cooperación ao desenvolvemento. O Consello apoia aos poderes xudiciais doutros países, xeralmente co soporte económico da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento e da Comisión Europea. A acción internacional do Consello é coherente coa política exterior española e europea apoiando ao Poder Executivo na súa política de cooperación ao desenvolvemento. Tamén colabora con outros actores internacionais no ámbito xudicial, como son Nacións Unidas, a Unión Europea, o Banco Mundial ou o Banco Interamericano do Desenvolvemento.

Auxilio Xudicial. O Consello é un dos actores claves no denominado Auxilio Xudicial Internacional, destinado a facilitar e axilizar a tramitación de causas con conexións internacionais. Esta asistencia xudicial lévase a cabo por dúas vías: as solicitudes orixinadas nos Xulgados e Tribunais españois e as procedentes das administracións de Xustiza doutros países. Para isto creou unha rede en todo o territorio nacional de xuíces e maxistrados especialistas nas diversas ordes xurisdicionais.

Relacións Institucionais.O Consello Xeral do Poder Xudicial mantén relacións institucionais estables cos Consellos Xerais e as Cortes Supremas da Unión Europea e Iberoamérica. Consisten en redes internacionais de concertación e cooperación destinadas á mellora dos sistemas xudiciais e o fortalecemento do Estado de Dereito.

 

O Servizo de Relacións Internacionais, integrado no Servizo Central de Secretaría Xeral, é o encargado de despregar a actuación internacional do Consello:

  • CXPX é membro da Rede Europea de Consellos do Poder Xudicial.
  • Consello forma parte do Cumio Xudicial Iberoamericano. Actualmente desempeña a súa Secretaría Permanente.
  • É punto de contacto das seguintes redes de cooperación: Eurojust, Rede Xudicial Europea Penal (RXE), Rede Xudicial Europea Civil e Mercantil e Rede Xudicial Iberoamericana (IberRed).

Todas as actividades internacionais do Consello Xeral do Poder Xudicial se levarán a cabo en coordinación co Ministerio de Asuntos Exteriores e de acordo coas directrices en materia de política exterior que, no exercicio das súas competencias, sexan fixadas por este, sen prexuízo das competencias que en materia de cooperación xurisdicional internacional teña o Consello Xeral do Poder Xudicial de acordo co disposto na presente lei orgánica (Artigo 562 LOPX)