Portal poderjudicial.es e contornos web

O CENDOX ten encomendado o labor de deseño, xestión tanto técnico como de contidos, desenvolvemento e mantemento do portal web público e privado www.poderjudicial.es.

Na web poderjudicial.es móstrase ampla información sobre o Consello Xeral do Poder Xudicial e tribunais españois, e é o vehículo mediante o cal se pode acceder á maior parte dos servizos prestados polo Cendox.

Baixo a denominación “TEMAS” profúndase nas materias obxecto de competencia do Consello Xeral do Poder Xudicial e en “SERVIZOS” proporciónase o acceso directo a diversas aplicacións e prestacións.

Ademais do apartado do propio CXPX, dentro do Portal www.poderjudicial.es ofrécense apartados específicos para os tribunais de xustiza, tanto para o Tribunal Supremo, e a Audiencia Nacional como para os 17 Tribunais Superiores de Xustiza nos que se engloban todos os órganos colexiados de cada Comunidade Autónoma.

Así mesmo o Cendox elaborou, e mantén con actualización diaria, os Portais de Transparencia do CXPX e dos tribunais mencionados, nos que se difunden todos os requirimentos contemplados na lei 19/2013, os acordados mediante convenio con Transparencia Internacional e outros aspectos que o propio CXPX quixo reflectir.

No ambiente público ademais de aproximar á cidadanía a información do CXPX e das institucións xudiciais destacando as actividades máis relevantes, dáse acceso gratuíto a máis de 6 millóns de resolucións xudiciais. A información institucional básica móstrase nos catro idiomas oficiais, e en inglés e francés.

A web converteuse nun medio prioritario para a difusión das actividades e servizos do Consello Xeral do Poder Xudicial, así como para a realización do traballo xudicial. Na súa área exclusiva para uso dos membros da Carreira Xudicial, constitúe ademais unha ferramenta de traballo imprescindíbel e unha plataforma para crear, publicar e compartir contidos de interese profesional.

Presérvanse con especial énfase os aspectos de accesibilidade e usabilidade da web. No primeiro caso, para asegurar a posibilidade de utilización en igualdade de condicións polas persoas usuarias que sofren algún tipo de discapacidade. No segundo, permitindo unha experiencia de uso orientada á navegación e procura interrelacionada de información.

Así mesmo outórgase a máxima importancia á protección e seguridade dos servidores informáticos, do Portal web e do correo poderjudicial.es, xestionando un Datacenter propio.

Co mesmo obxectivo de extremar a seguridade, os membros da carreira xudicial dispoñen dun correo corporativo con dominio @poderjudicial.es, que o Cendox xestiona e mantén.

Todo iso require un mantemento, protección e evolución técnica constante para un correcto funcionamento da plataforma na que están baseados os servizos web para garantir o funcionamento eficiente; o desenvolvemento e actualización constante da arquitectura da web, así como a realización da carga de documentos e información e publicación dos ficheiros, e resto de contidos no portal poderjudicial.es.

O Cendox facilita o acceso a Internet ofrecendo un servizo de datos en mobilidade a todos os membros da Carreira Xudicial.

Así mesmo elabora e executa un plan de formación no uso de recursos web que permite a capacitación permanente e personalizada do persoal xudicial, e ofrece un servizo centralizado de atención a usuarios.