Información básica de queixas e reclamacións

Se considera que recibiu un servizo deficiente ou mellorable por parte da Administración de Xustiza, pode vostede formular unha reclamación ou suxestión.

Interésanos a súa opinión sobre o servizo que prestan xulgados e tribunais aos cidadáns, porque as súas suxestións e reclamacións permítennos mellorar o seu funcionamento.

Formato. - – Nas sedes xudiciais dispoñemos dun formulario para que expoña a súa suxestión ou reclamación. Tamén pode facelo noutro formato ou carta. Nesta páxina pode obter un modelo de formulario de atención ao cidadán para imprimir ou ben un formulario de atención ao cidadán para enviárnolo instantaneamente pola web.

Lugar de presentación

  • Rexistros das sedes xudiciais
  • Rexistros dos organismos públicos
  • Oficinas de Correos
  • Caixas de correo para a recollida de reclamacións e suxestións nos edificios xudiciais
  • Páxina Web do Consello Xeral do Poder Xudicial

Prazos. - En 48 horas acusamos recibo e dámoslle resposta no prazo dun mes.

Advertencia. - Saiba que a súa reclamación non terá a cualificación de recurso administrativo nin paralizará os prazos establecidos nas leis para o exercicio de calquera recurso, acción ou dereito que puidese asistirlle.

Non podemos atender reclamacións por:

  • Feitos que puidesen ser constitutivos de infracción disciplinaria.
    • As denuncias de carácter disciplinario contra xuíces e maxistrados son competencia da Comisión Disciplinaria do Consello Xeral do Poder Xudicial.
    • As denuncias relativas ao persoal ao servizo da Administración de Xustiza competen en función dos feitos ao Tribunal Superior de Xustiza, Ministerio de Xustiza ou, nos casos de persoal transferido, á Administración autonómica correspondente.
  • O contido dunha sentencia ou resolución xudicial.
    • Os xuíces son independentes na súa función xurisdicional(art. 117 da Constitución Española).
    • Os órganos de goberno do Poder Xudicial non poden intervir nos procesos xudiciais abertos para corrixir ou anular as decisións que adoptan os xuíces e maxistrados.
    • Se non está conforme coa sentencia ou resolución que adoptou o xuíz ou maxistrado que entende do seu caso, infórmese de se cabe recurso, dos prazos e a forma prevista nas leis procesuais para interpoñelo.

Competencia

  • Corresponde aos Presidentes dos Tribunais e Audiencias ouvir as queixas que lles fagan os interesados en causas ou preitos, adoptando as prevencións necesarias dentro das súas competencias, de conformidade co disposto na LOPX.
  • Os Decanos e, onde non existan estes, os Xuíces únicos atenderán as queixas que lles formulen os interesados nos distintos procedementos.
  • Corresponde á UAC tramitar as queixas que se reciban no propio Consello Xeral do Poder Xudicial.