Salas Ordinarias - Sala Primeira - Funcións

A Sala do Civil do Tribunal Supremo coñecerá (art. 56 LOPX):

1º Dos recursos de casación, revisión e outros extraordinarios en materia civil que estableza a lei.

2º Das demandas de responsabilidade civil por feitos realizados no exercicio do seu cargo, dirixidas contra o presidente do Goberno, presidentes do Congreso e do Senado, presidente do Tribunal Supremo e do Consello Xeral do Poder Xudicial, presidente do Tribunal Constitucional, membros do Goberno, deputados e senadores, vogais do Consello Xeral do Poder Xudicial, maxistrados do Tribunal Constitucional e do Tribunal Supremo, presidentes da Audiencia Nacional e de calquera das súas salas e dos tribunais superiores de xustiza,fiscal xeral do Estado, fiscais de sala do Tribunal Supremo, presidente e conselleiros do Tribunal de Contas, presidente e conselleiros do Consello de Estado, valedor do pobo e presidente e conselleiros dunha comunidade autónoma, cando así o determine o seu estatuto de autonomía.

3º Das demandas de responsabilidade civil dirixidas contra maxistrados da Audiencia Nacional ou dos tribunais superiores de xustiza por feitos realizados no exercicio dos seus cargos.

Ademais das competencias atribuídas ás salas do civil e do penal do Tribunal Supremo nos artigos 56 e 57, as ditas salas coñecerán da tramitación e axuizamento das accións civís e penais, respectivamente, dirixidas contra a raíña consorte ou o consorte da raíña, a princesa ou príncipe de Asturias e o seu consorte, así como contra o rei ou raíña que abdicase e o seu consorte (Artigo 55 bis LOPX).