Cooperación internacional ao desenvolvemento

Esta faceta da actuación internacional do Consello Xeral do Poder Xudicial trata de apoiar os procesos de reforma, modernización, fortalecemento institucional e profesionalización dos poderes xudiciais, proporcionando asistencia técnica na identificación, formulación, dirección e execución de programas e proxectos de cooperación ao desenvolvemento.

A devandita actuación instruméntase a través de programas e proxectos de cooperación internacional, cunha dobre fonte de financiamento: española, no caso de proxectos financiados pola Axencia Española de Cooperación Internacional (AECI); e internacional, especialmente da Comisión Europea (a través de Europaid), o Programa de Nacións Unidas para o Desenvolvemento, o Banco Interamericano de Desenvolvemento, o Banco Mundial, o Instituto do Banco Mundial e outras.

Dentro dos programas de carácter bilateral, cabe facer mención, entre os desenvolvidos, aos seguintes:

  • Con financiamento da Axencia Española de Cooperación Internacional, en México, Guatemala, Honduras, O Salvador, Nicaragua, Panamá, República Dominicana, Arxentina, Bolivia, Marrocos, Bosnia e Hercegovina, Bulgaria e Albania.
  • Con financiamento Europeo, xa sexa de adxudicación directa, como é o caso de Guinea, ou como resultado dunha licitación en proxectos twinning, en Polonia, Bulgaria, Hungría, Albania.

Dentro dos programas e proxectos de ámbito multilateral ou rexional, cabe facer mención a:

  • Programa Euromed/Xustiza, tamén de financiamento europeo, no que son beneficiarios Alxeria, Israel, Xordania, Líbano, Marrocos, Palestina, Siria, Tunisia e Turquía.

Dende un punto de vista temático, os proxectos mencionados van referidos na súa práctica totalidade a áreas en que se corresponden coas competencias e funcións propias do CXPX, ou nas cales os seus órganos técnicos ou os xuíces e maxistrados españois posúen especiais cualificacións.

As devanditas áreas temáticas son basicamente:

  • Asesoramentos lexislativos
  • Carreira xudicial
  • Formación xudicial inicial e continua
  • Inspección xudicial
  • Documentación xudicial
  • Xestión e administración do Poder Xudicial
  • Oficina xudicial
  • Acceso á xustiza
  • Cooperación xurídica internacional.