O Servizo de Relacións Internacionais

Para poder atender ás distintas áreas de actuación do Servizo de Relacións Internacionais, son diversos os labores que se levan a cabo:

  1. Planificación: O elemento básico para o labor do Servizo de Relacións Internacionais é o dunha axeitada planificación, deseño estratéxico e operativo grazas ao cal se analiza o papel que o CXPX quere desempeñar en cada unha das tres áreas de actuación, se detallan os principios e aliñamentos xerais, se fixan os obxectivos e liñas de acción estratéxicas e se determina como se debe configurar operativamente o Servizo para o mellor cumprimento dos roles, obxectivos e liñas de acción.
  2. O Equipo do Servizo de Relacións Internacionais: Dende un punto de vista funcional, o Servizo de Relacións Internacionais é un órgano técnico ao servizo do Consello Xeral do Poder Xudicial, dependente do seu Gabinete técnico. No exercicio das súas funcións, o Servizo de Relacións Internacionais actúa con suxeición directa á Comisión de Relacións Internacionais e, a través dela, ao Pleno do Consello.

En canto á súa composición, o Servizo de Relacións Internacionais está constituído por un equipo humano integrado por:

  • Letrados procedentes de altos corpos da administración (maxistrados, fiscais, diplomáticos) que son os responsables da realización das propostas á Comisión de Relacións Internacionais e son así mesmo os máximos responsables na elaboración, execución e desenvolvemento dos diversos proxectos e programas.
  • Equipo administrativo de apoio: Neste existen tres tipos de funcionarios:
    • Xefes de unidade que asumen a xestión de asuntos relacionados coa actividade do Servizo.
    • Administrativos e auxiliares que cooperan na execución material das actividades do Servizo.
    • Ordenanzas.

Anualmente elabórase a memoria das actividades realizadas durante o exercicio que venceu co fin de que esta se incorpore como unha parte da memoria anual do Consello Xeral do Poder Xudicial que vén legalmente esixida e que é obxecto de presentación á opinión pública e ao Parlamento. Para confeccionar a memoria recompílase e sintetiza a información gardada nos arquivos informáticos do Servizo por parte dos responsables de cada área, coordinándose este labor dende a Xefatura do Servizo.