Acordos do Consello

A publicidade dos acordos que adopta o Consello Xeral do Poder Xudicial é condición imprescindible para o máis escrupuloso cumprimento dos mandatos de transparencia institucional.

Coa publicación na WEB dos acordos adoptados polo Pleno da institución dáse cumprimento ao compromiso do Consello de facer partícipe tanto aos cidadáns, como moi especialmente aos membros da carreira xudicial, das decisións que como órgano de goberno do Poder Xudicial adopta no lexítimo exercicio das súas funcións constitucionais.

A posibilidade, finalmente, que teñen os medios de comunicación para acceder ás informacións procedentes do Consello e ao contido dos Acordos adoptados, completa esta decidida aposta pola transparencia institucional como peza clave da necesaria dación de contas da súa actuación que compete ás institucións do Estado democrático.