Docencia xeral

O período de formación inicial continúa cunha segunda fase durante a cal se levan a cabo prácticas en xulgados de primeira instancia, así como en xulgados de instrución – ou de ser o caso, en xulgados unixurisdicionais - baixo a directa e persoal supervisión dos maxistrados titores previamente designados. Durante esta segunda fase, e mediante a súa plena incorporación na dinámica cotiá dos xulgados, os xuíces en prácticas completan a súa formación a través da aplicación dos coñecementos teórico-prácticos recibidos durante o primeiro ano de formación inicial presencial.

Os obxectivos que se pretenden conseguir durante esta segunda fase son:

  • A inserción paulatina do xuíz en prácticas na vida profesional.
  • Afondamento nos coñecementos e habilidades prácticas necesarias para o exercicio profesional.
  • Control dos diversos tipos procedementais.
  • Dirección de actos orais.
  • Xestión do tempo profesional e da axenda de traballo.
  • Relación cos restantes operadores.

El alumno pasa por catro tipos de xulgado e traballa con diferentes titores, que deben procurar a inserción nas funcións xurisdicionais do xuíz en prácticas de forma gradual.   As primeiras semanas de cada período o alumno debe observar, analizar e colaborar co seu titor, para pasar seguidamente a asumir a responsabilidade das actuacións procesuais que lle encomende o titor, baixo a supervisión deste, redactar os proxectos de resolucións e realizar a totalidade das demais funcións que correspondan ao órgano xurisdicional no que prestan tarefas de apoio, suplencia e reforzo.

É esencial a conexión da fase presencial coa de prácticas, posto que permite proseguir os procesos de adquisición das competencias profesionais definidas e asegurar, deste xeito, a correcta inserción profesional do xuíz en prácticas.

Coa finalidade de potenciar o coñecemento da contorna social da tarefa do xuíz, programáronse – a través dos coordinadores territoriais – estancias e actividades en organismos de apoio e institucións relacionadas coas tarefas xudiciais.