Estimación dos tempos medios de duración dos procedementos xudiciais
Utilizáronse estimacións das duracións medias dos asuntos rematados en cada ano, independentemente da forma de realización. Estas estimacións obtivéronse mediante un modelo matemático baseado no número de asuntos ingresados, resoltos e pendentes ao comezo de cada período. Os datos foron facilitados pola Estatística Xudicial do Consello Xeral do Poder Xudicial. A duración exprésase en meses.
As duracións dos procedementos xudiciais poden verse afectadas por varias circunstancias. Entre elas destaca a mobilidade do persoal nos órganos xudiciais. Canto maior sexa a mobilidade do persoal, peor será, previsiblemente, a resposta ao cidadán. Pola contra, a aplicación de medidas de reforzo suporía unha mellora na resposta. A modo orientativo achéganse indicadores, obtidos da Estatística Xudicial, sobre estes elementos.