Potestade regulamentaria

O Consello Xeral do Poder Xudicial exercere a potestade regulamentaria, no marco estrito de desenvolvemento das previsións da Lei orgánica do poder xudicial, nas seguintes materias (Artigo 560 1.16ª y 560.2):

a) Organización e funcionamento do Consello Xeral do Poder Xudicial.

b) Persoal do Consello Xeral do Poder Xudicial no marco da lexislación sobre a función pública.

c) Órganos de goberno de xulgados e tribunais.

d) Publicidade das actuacións xudiciais.

e) Publicación e reutilización das resolucións xudiciais.

f) Habilitación de días e horas, así como fixación de horas de audiencia pública.

g) Constitución dos órganos xudiciais fóra da súa sede.

h) Especialización de órganos xudiciais.

i) Repartición de asuntos e ponencias.

j) Réxime de gardas dos órganos xurisdicionais.

k) Organización e xestión da actuación dos órganos xudiciais españois en materia de cooperación xurisdicional interna e internacional.

l) Establecemento das bases e estándares de compatibilidade dos sistemas informáticos que se utilicen na Administración de xustiza.

m) Condicións accesorias para o exercicio dos dereitos e deberes que conforman o estatuto de xuíces e maxistrados, así como o réxime xurídico das asociacións xudiciais, sen que tal desenvolvemento regulamentario poida supor innovación ou alteración ningunha da regulación legal.

En ningún caso, as disposicións regulamentarias do Consello Xeral do Poder Xudicial poderán afectar ou regular directa ou indirectamente os dereitos e deberes de persoas alleas a el.

Os proxectos de regulamentos de desenvolvemento someteranse a informe das asociacións profesionais de xuíces e maxistrados e das corporacións profesionais ou asociacións doutra natureza que teñan recoñecida legalmente representación de intereses aos cales poidan afectar. Darase intervención á Administración do Estado, por medio do Ministerio de Xustiza, e ás das comunidades autónomas sempre que unha e outras teñan competencias relacionadas co contido do regulamento ou sexa necesario coordinar estas coas do Consello Xeral. Solicitaranse as consultas e os estudos previos que se consideren pertinentes e un ditame de legalidade sobre o proxecto.

En todo caso, elaborarase un informe previo de impacto de xénero.

O Ministerio Fiscal será ouvido cando lle afecte a materia sobre a que verse o proxecto e especialmente nos supostos establecidos nas letras d) e f) a j) do apartado 1.16. ª do artigo 560.

O exercicio da potestade regulamentaria nos termos previstos na LOPX corresponde ao pleno (Art 599.7 ª LOPX)

Os regulamentos aprobados polo Consello Xeral do Poder Xudicial publicaranse no «Boletín Oficial del Estado» (Art 635.1 LOPX).