Protección de datos

O tratamento dos datos de carácter persoal que realiza o Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX) lévase a cabo conforme ao regulado polo Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello do 27 de abril de 2016 relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento dos datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (RXPD), e pola Lei Orgánica 3/2018 do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e Garantía dos Dereitos Dixitais (LOPDGDD, polas súas siglas en español).

Neste sentido, os datos de carácter persoal que se requiren quedan incorporados á correspondente actividade de tratamento titularidade do CXPX.

Estas actividades de tratamento do CXPX atópanse dispoñibles na seguinte ligazón ao denominado “Rexistro de actividades de tratamento”.

Así mesmo a través deste rexistro de actividades pode consultar a finalidade do tratamento de datos que corresponde a cada unha delas.

En canto á lexitimación para o tratamento de datos persoais que realiza o CXPX, fundaméntase, atendendo ao tipo e finalidade de cada tratamento, na execución dun contrato no que o interesado é parte ou a aplicación a pedimento deste de medidas precontractuais, cumprimento de obrigacións legais, o cumprimento de misións realizadas en interese público ou exercicio de poderes públicos.

Cando se realiza un tratamento de categorías especiais de datos, os supostos lexitimadores que se aplican son o interese público esencial, o cumprimento de obrigacións e o exercicio de dereitos específicos do responsable ou do interesado no ámbito do Dereito laboral e da seguridade e protección social, e a formulación, exercicio ou defensa de reclamacións ou cando os tribunais actúen en exercicio da súa función xudicial.

A aplicación destas bases lexitimadoras para o tratamento de datos, en relación con cada actividade de tratamento, poden consultarse no anteriormente citado “Rexistro de actividades de tratamento”.

Polo que se refire á conservación de datos persoais obxecto de tratamento, conservaranse durante o tempo necesario para cumprir coa finalidade para a que se solicitan e para determinar as posibles responsabilidades que se puidesen derivar da citada finalidade, ademais dos períodos establecidos na normativa de arquivos e documentación.

En canto as cesións de datos persoais,só se realizarán como regra xeral, cando exista unha obrigación legal respecto diso, como pode ser o suposto de comunicación aos Xulgados e Tribunais, a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Mutualidade Xudicial, o Ministerio de Xustiza, ou a Seguridade Social, sen prexuízo de que poida existir algunha comunicación fundamentada nalgún do resto dos supostos que regula a lexitimación do tratamento de datos persoais dos artigos 6 e 9 do RXPD.

En todo caso, no “Rexistro de actividades de tratamento” atópanse desagregadas por cada actividade de tratamento as comunicacións de datos persoais.

Por outra parte, os interesados en relación cos tratamentos que dos seus datos persoais realice este Consello poden exercitar os dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación, oposición e portabilidade.

Para iso, deben dirixir un escrito ante este Consello (C/ Marqués de la Ensenada nº8, 28004 Madrid) ou utilizar o seguinte formulario electrónico.

Para ampliar a información pode acceder ao Tema “Protección de datos” en https://www.poderjudicial.es/cgpj/gl/Temas/Proteccion-de-Datos/Informacion-xeral/ onde encontrará información sobre:

Si desexa obter máis información sobre a aplicación da normativa de protección de datos pode consultar a páxina web da Axencia Española de Protección de Datos así como a súa sede electrónica, principalmente o apartado referente a “Consultas/FAQS”.

Política de cookies da Sede Electrónica

O CXPX, titular do sitio web “poderjudicial.es” só obtén e conserva a seguinte información acerca dos visitantes da nosa web:

1 o nome de dominio do provedor (PSI) e/ou dirección IP que lles da acceso á rede. Por exemplo,un usuario do provedor XXX só estará identificado con o dominio xxx.es e/ou a dirección IP. Desta maneira podemos elaborar estadísticas sobre os países e servidores que visitan mais a miúdo a nosa web.

2. A data e hora de acceso á nosa web. Iso permítenos pescudar as horas de máis afluencia, e facer os axustes precisos para evitar problemas de saturación nas nosas horas puntas.

3. A dirección de Internet dende a que partiu a ligazón que dirixe a nosa web. Grazas a este dato, podemos coñecer a efectividade dos distintos báners e ligazóns que apuntan ao noso servidor, co fin de potenciar os que ofrezan mellores resultados.

4. O número de visitantes diarios de cada sección. Iso permítenos coñecer as áreas de mais éxito e aumentar e mellorar o seu contido, co fin de que os usuarios obteñan un resultado mais satisfactorio.

A información obtida é totalmente anónima, e en ningún caso pode ser asociada a un usuario concreto e identificado.

Adicionalmente este sitio web utiliza rastros propios que, do mesmo xeito que no caso anterior, non proporcionan datos persoais nin identifican a unha persoa. Os rastros empregados son de dous tipos: rastros de sesión e rastros persistentes.

  • Os rastros de sesión son rastros comunmente empregados para recoller e almacenar temporalmente datos mentres o usuario utiliza esta páxina web. Son necesarios para o correcto funcionamento dalgúns servizos utilizados neste sitio web.
  • Os rastros persistentes permiten almacenar datos no dispositivo do usuario por un período definido. No noso caso utilízanse para gardar a preferencia idiomática dos nosos visitantes.

Como cláusula adicional indícase que, naqueles servizos concretos fornecidos por www.poderjudicial.es que presenten condicións especiais á política de privacidade exposta, explicarán claramente o uso dos datos persoais fornecidos.