Prontuario

Prontuario

Prontuario de Asistencia Xudicial Internacional é un instrumento en formato web (obxecto de constante actualización), que ofrece a Xuíces, Fiscais, Letrados da Administración de Xustiza e outras profesións xurídicas, unha guía de uso sinxelo e áxil, para dar resposta ás cuestións que se poden xerar ante a existencia de elementos internacionais nun proceso civil ou penal. Esta problemática cabe que se dea tanto dende a perspectiva activa (emisión dunha solicitude no ámbito dun proceso tramitado por un órgano xudicial español), como dende un punto de vista pasivo (recepción dunha solicitude procedente dun Estado estranxeiro).

En concreto o Prontuario, froito do esforzo conxunto do Ministerio de Xustiza, Fiscalía Xeral do Estado e Consello Xeral do Poder Xudicial de España, pretende responder ás cuestións máis usuais suscitadas no quefacer diario dos operadores xudiciais, permitindo identificar os convenios internacionais ou outras normas xurídicas aplicables ás situacións máis usuais nesta materia (inclúese unha ficha explicativa da aplicación concreta do instrumento de que se trata), e proporcionando información sobre as diferentes institucións que poden ofrecer un apoio suplementario (redes xudiciais europeas, españolas ou iberoamericanas, Eurojust, etcétera) con directorio de contactos.

O Prontuario conta con revisión e actualización trimestral de contidos e enlaces web directos ao texto de cada un dos instrumentos normativos analizados.