Consello Europeo para a Eficacia da Xustiza

A Comisión Europea para a Eficacia da Xustiza (CEPEX) creouse o 18 de setembro de 2002, por medio da resolución Res (2002) 12 do Comité de Ministros do Consello de Europa.

Componse de expertos de todos os 47 Estados membros do Consello de Europa (entre eles España, en cuxa delegación se integra un representante do Consello Xeral do Poder Xudicial) e conta cun secretariado. Aos seus labores, nos que participa a Unión Europea, cabe ademais integrar observadores.

A misión da CEPEX é mellorar a eficacia no funcionamento da xustiza nos Estados membros do Consello de Europa, así como desenvolver a posta en práctica dos instrumentos normativos adoptados polo Consello de Europa.

As súas tarefas son:

  • Analizar os sistemas xudiciais.
  • Identificar as dificultades que encontran os sistemas xudiciais.
  • Definir maneiras concretas de mellorar a avaliación de resultados e o funcionamento dos sistemas xudiciais.
  • Proporcionar axuda aos Estados membros.
  • Propor ás instancias competentes do Consello de Europa as áreas onde sería desexable elaborar un instrumento xurídico novo.

A CEPEX non é unha institución de supervisión dos sistemas xudiciais dos Estados membros nin tampoco é competente para elaborar instrumentos normativos. O funcionamento da CEPEX é gobernado polo seu estatuto.