Se considera que recibiu un servizo deficiente ou mellorable da Administración de Xustiza, pode vostede formular unha reclamación ou suxestión.
Interésanos a súa opinión sobre o servizo que prestan os xulgados e tribunais aos cidadáns porque as súas suxestións e reclamacións nos permiten mellorar o seu funcionamento.
Suxerímoslle que, antes de presentar a súa queixa ou suxestión, lea a seguinte información, e igualmente invitámolo/a a que consulte a nosa sección de preguntas frecuentes.
Formato
Nesta páxina web, poñemos á súa disposición o formulario de atención ao cidadán en liña para enviarnos a súa queixa ou suxestión de xeito instantáneo. Tamén pode descargarse un modelo de formulario de atención ao cidadán para imprimir ou ben utilizar o seu propio formato de escrito ou carta. Ademais, nas sedes xudiciais, facilítanse formularios de atención ao cidadán para expoñer a súa queixa ou suxestión.
Non esqueza indicar de forma clara e concreta: os seus datos identificativos e de contacto, o órgano xudicial e, no seu caso, o procedemento ao que se refire a súa queixa ou suxestión e os motivos desta.
Vías de presentación
- Páxina web do Consello Xeral do Poder Xudicial mediante o uso do formulario de atención ao cidadán en liña ou ben a través da presentación do seu escrito pola sede electrónica do CXPX. Se elixe facelo pola sede electrónica do CXPX, precisará dispoñer de certificado dixital.
- Forma presencial no Rexistro Xeral do CXPX.
- Caixas de correo para a recollida de reclamacións e suxestións situados nos edificios xudiciais.
- Rexistros das sedes xudiciais.
- Oficinas de Correos.
Tramitación
- Compromiso de resposta no prazo dun mes: Todas as queixas, agás as anónimas, se atenden e contestan. Unha vez se reciba a súa queixa ou suxestión, valorarase o seu contido e remitiráselle unha contestación á maior brevidade.
- No caso de precisar información adicional, poñerémonos en contacto con vostede. Non esqueza facilitar os seus datos identificativos e de contacto, as queixas anónimas non se poden atender.
- A tramitación da súa queixa ou suxestión poderá implicar o traslado da mesma ao órgano xudicial ou a outro organismo con competencias na materia obxecto da queixa ou suxestión. No caso de carecer de competencias sobre os feitos que vostede expón, informaráselle diso.
- As competencias desta Unidade atópanse recollidas no Regulamento Número 1/1998 do CXPX sobre tramitación de queixas e denuncias relativas ao Funcionamento dos Xulgados e Tribunais, que poderá consultar no apartado de normativa. No mesmo apartado ten á súa disposición a Instrución 1/1999 do CXPX, que contén información sobre a atención ao cidadán e o tratamento das suxestións e as queixas.
- Se precisa algunha aclaración sobre as competencias desta Unidade ou outros aspectos relacionados coa presentación da súa queixa ou da súa tramitación, estamos á súa disposición en horario de luns a venres laborables de 10:00 a 13:00 horas a través do número de teléfono 917005868. Igualmente, recomendámoslle que consulte a nosa sección de preguntas frecuentes.
Advertencias
- Os órganos de goberno do Poder Xudicial non poden intervir nos procesos xudiciais abertos para corrixir ou anular as decisións que adoptan os xuíces e maxistrados. Os xuíces son independentes na súa función xurisdicional (art. 117 da Constitución Española).
- Non podemos atender reclamacións sobre o contido dunha sentenza ou resolución xudicial. Se non está conforme coa sentenza ou resolución que adoptou o/a xuíz/a maxistrado/a que entende do seu caso, infórmese de se cabe recurso, dos prazos e a forma previstas nas leis procesuais para interpoñelo.
- Os xuíces e maxistrados responden disciplinariamente pola comisión no exercicio do seu cargo das faltas disciplinarias recollidas nos artigos 417, 418 e 419 da Lei Orgánica do Poder Xudicial (LOPX).
- Esta Unidade non pode prestarlle asesoramento xurídico. No caso de que o precise, suxerímoslle que acuda ao/á seu/súa avogado/a ou a un Servizo de Orientación Xurídica.
- Se a súa pretensión é denunciar algún feito que puidese estar tipificado no Código Penal como delito, pode interpoñer a súa denuncia ante os Corpos e Forzas de Seguridade do Estado, ante o Ministerio Fiscal ou ante o Xulgado de Garda.
- A súa reclamación non terá a cualificación de recurso administrativo nin paralizará os prazos establecidos nas leis para o exercicio de calquera recurso, acción ou dereito que poida asistilo/a.
Competencia
- Correspóndelles aos Presidentes dos Tribunais e Audiencias escoitar as queixas que lles fagan os interesados en causas ou preitos, adoptando as prevencións necesarias dentro das súas competencias, de conformidade co disposto na LOPX.
- Os Xuíces Decanos e, onde non existan estes, os Xuíces únicos atenderán as queixas que lles formulen os interesados nos distintos procedementos.
- Correspóndelle á UAC tramitar as queixas que se reciban no propio Consello Xeral do Poder Xudicial.