Área xurisdicional - Composición

Existen no Gabinete Técnico tantas áreas como ordes xurisdicionais.  Dentro de cada área pode existir unha sección de admisión e outra sección de estudos e informes.  Na Sala Quinta, do Militar, pode haber un letrado do Gabinete Técnico.  Os letrados prestan os seus servizos nas diferentes áreas atendendo á súa especialización profesional.

En cada unha das áreas hai un ou varios letrados do Gabinete Técnico que asumen funcións de coordinación dos membros do Gabinete que formen parte dela. Han de ser designados polo presidente do Tribunal Supremo, preferentemente de entre os letrados que pertenzan á carreira xudicial, e deben ter unha antigüidade mínima de dez anos no exercicio da súa respectiva profesión.

Excepcionalmente, por razóns conxunturais e debidamente xustificadas, a proposta do Consello Xeral do Poder Xudicial e oída a Sala de Goberno do Tribunal Supremo, o Ministerio de Xustiza pode adscribir temporalmente, co límite máximo dun ano, un número adicional de membros ao servizo do Gabinete Técnico.

Cada unha das áreas do Gabinete Técnico está asistida por persoal ao servizo da Administración de Xustiza.