Información xeral

O artigo 236 decies da Lei Orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do Poder Xudicial, na redacción dada pola Lei Orgánica 7/2015, do 21 de xullo, dispón que o tratamento de datos levado a cabo polo Consello Xeral do Poder Xudicial no exercicio das súas competencias quedará sometido ao disposto na lexislación vixente en materia de protección de datos de carácter persoal, e non serán considerados en ningún caso realizados con fins xurisdicionais.

Este mesmo precepto dispón que a Secretaría Xeral do Consello Xeral do Poder Xudicial ostenta a condición de responsable do tratamento.

O Consello Xeral do Poder Xudicial, de acordo coa normativa vixente, trata os datos persoais de forma lícita, transparente e leal. Os datos persoais serán utilizados para os fins propios do procedemento ou actuación de que se trate e o seu tratamento limitarase ao estritamente necesario.

Os interesados poderán exercer os seus dereitos relativos á protección dos datos de carácter persoal (dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación do tratamento, portabilidade e oposición) a través da presentación electrónica das súas solicitudes mediante o formulario facilitado.



[i] En el original aparece la palabra “decies” que eliminamos porque suponemos insertada por error al no corresponderse con ninguna palabra en castellano.