Ferramentas de ámbito internacional

O Cendox participa activamente na elaboración, organización e mantemento das seguintes ferramentas:

Prontuario de Auxilio Xudicial Internacional é unha ferramenta en cuxa elaboración participan os membros da Rede Xudicial Española (REXUE), a cal recolle os convenios internacionais e outras normas xurídicas aplicábeis ás relacións xurídicas de cooperación entre os distintos Estados. Constitúe un instrumento ou guía de uso sinxelo e áxil, para dar resposta ás cuestións que se poden xerar nun proceso de índole Civil ou Penal.
Nel facilítanse os formularios que se poden utilizar para realizar comisións rogatorias e proporciónase información sobre institucións que poden ofrecer un apoio suplementario, así como un directorio de contactos.
Prevé tanto a actuación activa (solicitude no ámbito dun proceso tramitado por un órgano xudicial español), como a pasiva (recepción dunha solicitude procedente dun Estado estranxeiro).

Elabora e mantén activa a base de datos que recolle as cuestións prexudiciais expostas polos órganos xudiciais españois perante o Tribunal de Xustiza da Unión Europea, seleccionadas polos membros da Rede de Expertos en Dereito da Unión Europea (REDUE).
Contén as diferentes resolucións ditadas durante o proceso, na orde en que se emiten, xunto con valores engadidos, agregados polo Cendox.
A base de datos está acompañada de información xeral sobre o procedemento de formulación das cuestións prexudiciais nas cinco ordes xurisdicionais nas que traballa esta rede: civil, mercantil, contencioso-administrativo, social e penal.

Ademais participa na difusión e publicación de A REDUE informa: contén os boletíns elaborados polos membros da REDUE sobre novidades en materias de aplicación do Dereito Europeo.

Finalmente, tamén coordina a publicación e mantemento da base cuestións prexudiciais estranxeiras.