Servizo ao Cidadán

Está vostede na área de atención cidadá do Consello Xeral do Poder Xudicial.

Neste espazo atopará información sobre a Unidade de Atención Cidadá do Consello Xeral, e mais sobre as oficinas de atención existentes nas sedes xudiciais.

Igualmente, pode acceder ao contido de distintos folletos informativos sobre procedementos e trámites nos que non é obrigatoria a asistencia letrada, como o xuízo de faltas, a intervención das testemuñas no proceso civil e no proceso penal, o dereito á xustiza gratuíta, etc.

Ofrécese, ademais, o contido da Carta de Dereitos dos Cidadáns ante a Xustiza e, en cumprimento dun dos seus apartados, a regulación das denuncias e queixas sobre o funcionamento da Administración de Xustiza.

Se quere presentar unha queixa, denuncia ou suxestión, pode facelo a través do formulario en liña que atopará no apartado indicado para este fin. Existen ademais outros sistemas de presentación que están explicados no mesmo apartado.