O Servizo de Relacións Internacionais

As relacións internacionais do Consello Xeral do Poder Xudicial están encomendadas ao servizo de Relacións Internacionais.

Dende a súa creación, o Consello Xeral do Poder Xudicial foi definindo progresivamente a visión que ten da súa propia actuación no ámbito das relacións internacionais. Unha actuación orientada na actualidade á consecución dos seguintes obxectivos:

  • Mellorar a eficacia dos actos de auxilio xudicial internacional realizados polos xuíces e maxistrados españois.
  • Contribuír, dentro dos límites da súa competencia, á consecución dos obxectivos xerais da política exterior española en materia de cooperación internacional ao desenvolvemento, mediante o deseño e execución de programas e proxectos no Sector Xustiza.
  • Apoiar e acompañar os procesos de reforma, modernización, e de fortalecemento institucional e organizativo dos poderes xudiciais dos países do noso ámbito xeográfico, político, lingüístico, histórico e socioeconómico.
  • Contribuír á consolidación do Espazo Xudicial Europeo e á difusión do Dereito Comunitario entre o colectivo xudicial.
  • Fortalecer a presenza institucional do Consello, así como de xuíces e maxistrados españois, en foros e ámbitos internacionais de carácter e contido xudiciaL.

Para o desenvolvemento destas liñas de actuación creáronse tres espazos de actividade, dentro do Servizo de Relacións Internacionais: