Formación dos xuíces

O Consello ten a potestade da selección e formación dos Xuíces e Maxistrados que exercen en España e da súa plena adaptación ás innovacións xurídicas que afectan ás súas funcións xurisdicionais.

A Escola xudicial é a responsable da correcta selección e preparación técnica dos xuíces. Actúa baixo dependencia do Pleno. Ten a súa sede en Barcelona.

A Escola Xudicial do Consello ocúpase:

  • Dos procesos de selección de Xuíces e Maxistrados.
  • Da formación inicial dos futuros xuíces. Dura dous anos, unha vez aprobada a oposición. O primeiro ano é académico e impártese por docentes na Escola Xudicial. O segundo ano consiste en prácticas nun xulgado, baixo a directa e persoal supervisión de Maxistrados titores.
  • Dirixir a formación continua dos xuíces e maxistrados. Desenvolve os programas e actividades destinados a garantir o adecuado perfeccionamento profesional dos integrantes da Carreira Xudicial. Cada membro da Carreira Xudicial contará cun plan especializado de formación continua.