Información Xeral

O 22 de xullo de 2016 entrou en vigor a nova regulación do recurso de casación contencioso-administrativo, introducida na Lei 29/98 reguladora da xurisdición contencioso-administrativa pola Lei Orgánica 7/2015. Aplicarase ás sentenzas e autos susceptibles de recurso de casación que teñan data do 22 de xullo de 2016 en diante (acordo da sección de admisión do 22 de xullo de 2016).

A nova regulación do recurso de casación supón un cambio estrutural  na configuración do mesmo, xa que foi introducido polo lexislador o interese casacional obxectivo para a formación de xurisprudencia como criterio para decidir a admisión do recurso. Desaparecen os recursos de casación para unificación de doutrina e en interese de lei; e suprímense os límites de contía e materia ata agora existentes en relación a sentenzas e autos da Sala do contencioso-administrativo da Audiencia Nacional e Tribunais Superiores de Xustiza, ampliando o recurso a determinadas sentenzas dos Xulgados do Contencioso administrativo.

Para facer fronte a esta reforma, modificáronse as normas de repartición e a composición da Sala III do Tribunal Supremo e ditáronse outros acordos non xurisdicionais para fixar criterios en relación ás formalidades extrínsecas dos escritos procesuais e outras cuestións relevantes referidas á súa entrada en vigor.

Nesta canle publicaranse, así mesmo, tal como establece o artigo 90.7 da Lei 29/98, a listaxe dos recursos de casación admitidos a trámite. Igualmente podrán consultarse en el buscador de jurisprudencia del CENDOJ.

 - Repertorio sistematizado de los Autos de Admisión de recursos de casación dictados por la Sección Primera (de Admisión) de la Sala Tercera, en aplicación de la nueva regulación del recurso de casación introducida por la Ley Orgánica 7/2015

- Datos estadísticos provisionales del nuevo recurso de casación contencioso-administrativo enero-diciembre 2017 (L.O 7/2015)

- Acuerdo del Pleno No Jurisdiccional de la Sala Tercera del Tribunal Supremo de 03-11-2021, sobre recurso de casación