Que é o TSX Pais Vasco

Recibe a denominación de Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco o tribunal que culmina a organización xudicial e da Administración de Xustiza no territorio da Comunidade Autónoma do País Vasco, sen prexuízo da xurisdición do Tribunal Supremo. Ten a súa sede na vila de Bilbao. Preside o Tribunal Superior de Xustiza e, tamén, a súa Sala do Civil e do Penal, o Excmo. Sr. D. Juan Luis Ibarra Robles.

Mediante este mesmo nome de Tribunal Superior de Xustiza descríbese, tamén, a demarcación xudicial que determina a circunscrición territorial á que se estende a xurisdición das tres Salas que integran o Tribunal Superior de Xustiza: Sala do Civil e do Penal, Sala do Contencioso-administrativo e Sala do Social.

Emprégase, así mesmo, a denominación de Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco para describir o conxunto de xulgados e tribunais que integran a organización xudicial na circunscrición territorial da Comunidade Autónoma do País Vasco.

A Comunidade Autónoma do País Vasco conta cunha poboación de 2.164.311 habitantes (2015) nunha superficie de 7.234 km2. A organización territorial do País Vasco comprende tres Territorios Históricos (Araba/Álava, Gipuzkoa e Bizkaia) e 251 municipios.