Como funciona a AN

A Audiencia Nacional encóntrase regulada no Capítulo II, Título IV, Libro I, artigos 62 a 69 da Lei Orgánica do Poder Xudicial.

A Audiencia Nacional ten competencias en tres xurisdicións:

·  Penal: os xulgados centrais de instrución encárganse de investigar os delitos de terrorismo, contra a Coroa, o narcotráfico a grande escala, os delitos económicos que causen grave prexuízo á economía nacional, os cometidos por españois no estranxeiro, así como das extradicións e euroordes. A Sala do Penal encárgase de axuizar os delitos anteriores e de revisar as decisións adoptadas polos xulgados centrais como sala de apelación (ver artigo 65 LOPX). Nesta orde inclúense tamén o xulgado central do penal para o axuizamento dos delitos con penas máis leves, o xulgado central de menores para axuizar delitos de terrorismo cometidos por mozos entre 14 e 18 anos, así como o xulgado central de vixilancia penitenciaria, encargado do control xurisdicional dos presos cuxos delitos sexan competencia da Audiencia Nacional.

·  Contencioso-Administrativo: os xulgados do contencioso-administrativo e a Sala do Contencioso-administrativo coñecen dos recursos que se interpoñen contra os actos e disposicións da Administración Pública (ver artigo 66 LOPX).

·   Social: a Sala do Social encárgase, fundamentalmente, das impugnacións de convenios colectivos de ámbito territorial superior a unha comunidade autónoma ou que vaian producir efecto no ámbito territorial superior ao dunha comunidade (ver artigo 67 LOPX).

 

 

A Sala de Gobierno

A Sala de Goberno da Audiencia Nacional é un órgano de goberno interno con competencias gobernativas. Entre outras, aprobar as normas de repartición dos órganos xudiciais, elaborar informes solicitados polo CXPX, redactar a memoria anual de actividades da institución, propoñer maxistrados suplentes, así como determinadas facultades disciplinarias (ver artigo 106.1 LOPX).