Rexistro Electrónico

O rexistro electrónico permite a presentación de documentos relativos a procedementos cuxa tramitación sexa competencia do Consello Xeral do Poder Xudicial.

Xunto con datos engadidos no formulario correspondente pódense achegar documentos en formato electrónico. Se un procedemento concreto non estivese dispoñible, sempre é posible levar a cabo a presentación de calquera documento a través de “Outros trámites”.

Para utilizar o rexistro electrónico precísase dispoñer dun certificado dixital emitido por unha das seguintes autoridades. Trala recepción da solicitude, o rexistro electrónico emitirá de forma automática un recibo asinado electronicamente , que pode ser impreso e no que constarán os datos proporcionados polo interesado, a data e hora de presentación da solicitude e o número de rexistro de entrada.

O rexistro electrónico está operativo as 24 horas do día, durante todos os días do ano, agás as interrupcións que sexan necesarias por razóns técnicas.

En canto ao cómputo de prazos (ligazón a calendario de días inhábiles) realizarase conforme ao disposto no artigo 31 da Lei 39/2015, do 1 de outubro

O tratamento dos datos persoais solicitados a través do rexistro electrónico do CXPX axustarase ao disposto no Regulamento Xeral de Protección de Datos e demais normativa que sexa aplicable, podendo exercitar os afectados os seus dereitos de protección de datos ante a Secretaría Xeral.

 

Rexistro presencial

A presentación de documentos poderá realizarse de forma presencial na sede física do Consello Xeral do Poder Xudicial.

 

Dirección postal

c/ Marqués de la Ensenada, nº 8, 28004 MADRID

Teléfono:

91 700 61 14/ 15/ 16/ 17/ 18/ 19

Fax:

91 700 63 58

Horario:

Todos os meses do ano excepto no periodo estival:

  • De luns a venres, de 9 a 14 horas e de 16 a 18 horas
  • 24 e 31 de decembro, de 9 a 13 horas

Verán (do 12 de xuño ao 8 de setembro):

  • De luns a venres, de 9 a 14 horas