Cooperación internacional ao desenvolvemento
Esta faceta da actuación internacional do Consello Xeral do Poder Xudicial trata de apoiar os procesos de reforma, modernización, fortalecemento institucional e profesionalización dos poderes xudiciais, proporcionando asistencia técnica na identificación, formulación, dirección e execución de programas e proxectos de cooperación ao desenvolvemento.
A devandita actuación instruméntase a través de programas e proxectos de cooperación internacional, cunha dobre fonte de financiamento: española, no caso de proxectos financiados pola Axencia Española de Cooperación Internacional (AECI); e internacional, especialmente da Comisión Europea (a través de Europaid), o Programa de Nacións Unidas para o Desenvolvemento, o Banco Interamericano de Desenvolvemento, o Banco Mundial, o Instituto do Banco Mundial e outras.
Dentro dos programas de carácter bilateral, cabe facer mención, entre os desenvolvidos, aos seguintes:
- Con financiamento da Axencia Española de Cooperación Internacional, en México, Guatemala, Honduras, O Salvador, Nicaragua, Panamá, República Dominicana, Arxentina, Bolivia, Marrocos, Bosnia e Hercegovina, Bulgaria e Albania.
- Con financiamento Europeo, xa sexa de adxudicación directa, como é o caso de Guinea, ou como resultado dunha licitación en proxectos twinning, en Polonia, Bulgaria, Hungría, Albania.
Dentro dos programas e proxectos de ámbito multilateral ou rexional, cabe facer mención a:
- Programa Euromed/Xustiza, tamén de financiamento europeo, no que son beneficiarios Alxeria, Israel, Xordania, Líbano, Marrocos, Palestina, Siria, Tunisia e Turquía.
Dende un punto de vista temático, os proxectos mencionados van referidos na súa práctica totalidade a áreas en que se corresponden coas competencias e funcións propias do CXPX, ou nas cales os seus órganos técnicos ou os xuíces e maxistrados españois posúen especiais cualificacións.
As devanditas áreas temáticas son basicamente:
- Asesoramentos lexislativos
- Carreira xudicial
- Formación xudicial inicial e continua
- Inspección xudicial
- Documentación xudicial
- Xestión e administración do Poder Xudicial
- Oficina xudicial
- Acceso á xustiza
- Cooperación xurídica internacional.