Formación Internacional

Un dos aspectos que desde os seus inicios foi considerado de esencial importancia na Escola Xudicial foi o da súa proxección exterior. Grazas a isto permítese ofrecer unha oferta formativa máis aberta, coa participación de integrantes das carreiras xudiciais de diversos países, ao tempo que se comparten experiencias docentes. Canda a vertente formativa, a actuación exterior permite reforzar a posición institucional da Escola Xudicial, abríndoa a institucións equivalentes co enriquecemento mutuo que isto supón.