Premios

O órgano reitor do Foro Xustiza e Discapacidade quixo distinguir desde a súa constitución as persoas e institucións que se destacan polo seu traballo neste ámbito, como recoñecemento ao seu labor e como forma de sensibilizar a sociedade mediante a divulgación das súas condutas exemplares. En concreto son catro as categorías en atención ás que se conceden os premios:

  • A unha traxectoria persoal: En recoñecemento ao labor desenvolvido por unha persoa física ao longo do tempo en defensa dos dereitos das persoas con discapacidade. Primarase a condición de xurista do candidato ou candidata.
  • A unha actuación empresarial: En recoñecemento á contribución dunha determinada empresa para a integración laboral das persoas con discapacidade.
  • A un medio de comunicación social: En recoñecemento ao tratamento dado por un determinado medio de comunicación ou por un profesional da comunicación á información relativa ao colectivo de persoas con discapacidade.
  • A unha institución: En recoñecemento ao labor desenvolvido por unha institución ou organismo en defensa dos dereitos das persoas con discapacidade, ou en favor da súa integración social.”

Ao longo destes anos foron concedidos os seguintes premios:

  1. Previo
  2. páxina
    de 2