Información xeneral

Os membros da Carreira Xudicial que ostenten a categoría de maxistrado ou maxistrada poderán alcanzar a especialización en materia de menores a que se refire o artigo 329.3 da Lei Orgánica do Poder Xudicial mediante a superación dun curso de especialización en materia de menores, de conformidade co disposto no capítulo V do título II do Regulamento 2/2011, da Carreira Xudicial.

Será requisito indispensable para participar no curso de especialización ostentar a categoría de maxistrado ou maxistrada ao tempo de presentación da solicitude. A selección de participantes no curso de especialización realizarase polo Consello Xeral do Poder Xudicial atendendo ao número de participantes establecido na convocatoria e apreciará, no seu conxunto, o expediente persoal, os servizos profesionais e os méritos alegados polos solicitantes.

O órgano convocante é o Consello Xeneral do Poder Xudicial.

O proceso selectivo estará composto das seguintes fases:

I. Superación dunha proba obxectiva, consistente na contestación dun cuestionario de respostas múltiples sobre aspectos relacionados co material docente fornecido aos solicitantes seleccionados para participar no curso de especialización que incluirá en todo caso o conxunto de disposicións normativas vixentes na materia.

II. Superación dun curso teórico-práctico na Escola Xudicial que se desenvolverá ao longo de tres meses en tres períodos mensuais:

a) Primeiro e terceiro período mensual: os seus programas serán de contido teórico e impartición lectiva sobre disciplinas xurídicas e outras complementarias que se estimen necesarias para alcanzar o nivel de capacitación profesional adecuado.

b) Segundo período mensual: de carácter práctico con asistencia a Xulgados de Menores e a institucións de reforma e protección de menores ou a servizos comunitarios asistenciais.

III. Superación dunha proba final de avaliación de carácter teórico-práctico.

A avaliación dos aspirantes corresponderá en todo caso aos profesores que impartan as materias do programa, atendendo ao contido dos informes sobre as actividades realizadas elaboradas polos titulares dos Xulgados de Menores e das institucións de reforme e protección de menores ou dos servizos comunitarios asistenciais correspondentes.