Servizos á cidadanía

Atópase vostede na área de atención cidadá do Consello Xeral do Poder Xudicial.

Neste espazo atopará información sobre a Unidade de Atención Cidadá do Consello Xeral, así como sobre os Decanatos e oficinas de atención existentes nas sedes xudiciais.

Pode acceder, igualmente, ao contido de distintos folletos informativos sobre procedementos e trámites nos que non é obrigatoria a asistencia letrada, como o procedemento monitorio, xuízo penal por delitos leves, a intervención das testemuñas no proceso civil e no proceso penal, o dereito á xustiza gratuíta, etc.

Ofrécese, ademais, o contido da Carta de Dereitos dos Cidadáns ante a Xustiza e, en cumprimento dun dos seus apartados, a regulación das reclamacións e queixas sobre o funcionamento da Administración de Xustiza.

Atopará, amais, unha serie de informacións e ligazóns agrupadas por categorías que lle facilitarán o acceso a outras páxinas web con contidos interesantes desde o punto de vista das relacións entre a cidadanía e a Administración de Xustiza.