Información Xeneral
Que é?
O Observatorio contra a Violencia Doméstica e de Xénero é unha institución creada no ano 2.002, cuxa finalidade principal consiste en abordar o tratamento destas violencias desde a Administración de Xustiza. Está integrado actualmente polo Consello Xeral do Poder Xudicial, o Ministerio de Xustiza, o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, o Ministerio do Interior, a Fiscalía Xeral do Estado, as CCAA con competencias transferidas en Xustiza, o Consello Xeral da Avogacía Española e o Consello Xeral de Procuradores de España.
O Observatorio contra a Violencia Doméstica e de Xénero é un instrumento de análise e de actuación que, no ámbito da administración da xustiza, promove iniciativas e medidas dirixidas a erradicar o problema social da violencia doméstica e de xénero.
Cando nace e quen o integra?
O convenio de constitución do Observatorio foi subscrito o 26 de setembro de 2002. Na actualidade está integrado polas seguintes institucións: o Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX), que desempeña a Presidencia, o Ministerio de Xustiza, o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, o Ministerio do Interior, a Fiscalía Xeral do Estado, as Comunidades Autónomas con competencias en materia de xustiza, a través de quendas rotatorias anuais, o Consello Xeral da Avogacía Española e o Consello Xeral de Procuradores de España.
Onde teñen a súa sede ?
A sede do Observatorio encóntrase na rúa do Marqués da Ensenada número 8 de Madrid, no edificio do Consello Xeral do Poder Xudicial
¿Cales son os seus obxectivos?
Entre os diferentes obxectivos que xustificaron a constitución do Observatorio destacan os seguintes:
- Aumentar a eficacia das actuacións no ámbito da administración de xustiza para a erradicación desta violencia.
- Mellorar a coordinación entre as institucións, partici- pando na elaboración de protocolos de actuación.
- Estudar e analizar as resolucións xudiciais e as propostas de mellora e reformas lexislativas.
- Seguimento estatístico do fenómeno no ámbito xudicial.
- Formación especializada dos membros da carreira xudicial e fiscal e demais personal ao servizo da admi- nistración de xustiza.
¿Como funciona?
Mediante reunións periódicas das institucións que o integran. Tamén a través de reunión do Observatorio con asociacións de mulleres e colectivos afectados, así como organismos e institucións involucrados nesta materia.
¿Para que serve?
A utilidade do Observatorio está relacionada cos obxectivos fixados no documento constitutivo:
- Recompila e analiza os datos obtidos das es- tatísticas xudiciais, tales como o número de denun- cias, ordes de protección, sentenzas, vítimas.
- Promove análises, estudos e investigacións acerca da resposta xudicial.
- Elabora conclusións e recomendacións sobre a evolución da violencia de xénero.
- Concede premios anuais de recoñecemento á persoa, institución ou asociación que máis destacou na erradicación da violencia doméstica e de xénero.
- E, especialmente, é un instrumento para mellorar a coordinación das institucións que o forman e abordar as diferentes iniciativas que se propoñan para erradicar, desde a administración de xustiza, a violencia doméstica e de xénero.