A Audiencia de Ourense absolve de abusos a un mozo de 20 anos que mantivo relacións sexuais consentidas cunha nena de 14

Os xuíces destacan que se tratou “dunha relación consentida, sen a presenza de ningún elemento que permita establecer dúbida acerca deste extremo"

Autor
Comunicación Poder Judicial

A sección segunda da Audiencia Provincial de Ourense absolveu a un acusado dun delito de abusos sexuais por manter relacións consentidas cunha menor de 14 anos cando el tiña 20.

O tribunal aplica a exención do artigo 183.4 do Código Penal ao considerar que a idade cronolóxica e o grao de maduración é “próximo entre ambas as partes”.

Os maxistrados conclúen que a moza presentaba “unha madurez superior da que se desprende dunha menor de 14 anos” e que o acusado tiña “un grao de madurez inferior á súa idade cronolóxica”. Os xuíces destacan, ademais, que se tratou “dunha relación consentida, sen a presenza de ningún elemento que permita establecer dúbida acerca deste extremo, ao recoñecer expresamente a denunciante que actuou libremente”.