Acordo do xuíz decano de Ourense sobre réxime de visitas de menores na actual situación sanitaria

As resolucións ditadas polo Xulgado de Familia manterán a súa vixencia, salvo que unha situación de contaxio ou de natureza análoga faga difícil ou imposible a súa efectividade

Autor
Comunicación Poder Judicial

O xuíz decano de Ourense, Leonardo Álvarez Pérez, @teniendo en cuenta que se produciu a declaración do estado de alarma por parte do Consello de Ministros, e que con data de 15 de marzo do 2020 pola Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ditáronse unha serie de medidas para adaptar a referida declaración ás circunstancias e necesidades dos distintos órganos xudiciais que teñen a súa sede na comunidade autónoma galega, procedeu a adoptar o seguinte acordo:

Poñer en coñecemento que todas aquelas medidas ditadas no seo dun procedemento que garde relación con menores e que impliquen calquera tipo de regulación sobre un réxime de visitas e análogo, en tanto dure o estado de alarma decretado polo Goberno de España, quedarán sometidas aos seguintes parámetros:

1. Todas as resolucións ditadas polo Xulgado de Familia, calquera que sexa o maxistrado que a ditara, manterán a súa vixencia durante a situación de estado de alarma existente, salvo que unha situación de contaxio ou de natureza análoga faga difícil ou imposible a súa efectividade. Exceptúanse as visitas que se deben facer efectivas no punto de encontro, así como as entregas e recollidas de menores que se deban realizar no mesmo lugar, dado que o referido centro está pechado.

2. Todas as resolucións ditadas polo Xulgado de Instrución número 3 que inclúan calquera mención a un réxime de visitas que se recoñeza a un proxenitor non custodio de Ourense respecto aos seus fillos menores quedarán sen efecto en tanto dure o estado de alarma, fóra das custodias compartidas, que si se farán efectivas.