Composición

Composición

O Tribunal Superior de Xustiza estará integrado polas seguintes salas: do Civil e Penal, do Contencioso-Administrativo e do Social.

 Comporase dun presidente, que o será tamén da súa Sala do Civil e Penal e terá a consideración de maxistrado do Tribunal Supremo mentres desempeñe o cargo; dos presidentes de Sala e dos maxistrados que determine a lei para cada unha das salas e, de ser o caso, das seccións que se poidan crear dentro dela.

O presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid representa ao Poder Xudicial na Comunidade Autónoma. É nomeado polo Consello Xeral do Poder Xudicial por un período de cinco anos. Durante o seu mandato compatibiliza as tarefas gobernativas e representativas do cargo coas funcións xurisdicionais como presidente da Sala Civil e Penal do Alto Tribunal.

O presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid é o maxistrado Celso Rodríguez Padrón.

Con anterioridade foron tamén presidentes do TSX de Madrid:

  • Excmo. Sr. D. Clemente Auger Liñán (1989-1992)
  • Excmo. Sr. D. José Mateo Díaz  (1993-1996)
  • Excmo. Sr. D. Javier María Casas Estévez (1997-2009)
  • Excmo. Sr. D. Francisco Javier Vieira Morante (2010-2018)