Función consultiva

Someteranse a informe do Consello Xeral do Poder Xudicial os anteproxectos de lei e disposicións xerais que versen sobre as seguintes materias:

  • Modificacións da Lei orgánica do poder xudicial.
  • Determinación e modificación das demarcacións xudiciais, así como da súa capitalidade.
  • Fixación e modificación do cadro de persoal orgánico de xuíces e maxistrados, secretarios xudiciais e persoal ao servizo da Administración de xustiza.
  • Estatuto orgánico de xuíces e maxistrados.
  • Estatuto orgánico dos secretarios xudiciais e do resto do persoal ao servizo da Administración de xustiza.
  • Normas procesuais ou que afecten aspectos xurídico-constitucionais da tutela ante os tribunais ordinarios do exercicio de dereitos fundamentais.
  • Normas que afecten a constitución, organización, funcionamento e goberno dos tribunais.
  • Leis penais e normas sobre réxime penitenciario.
  • Calquera outra cuestión que o Goberno, as Cortes Xerais ou, se for o caso, as asembleas lexislativas das comunidades autónomas estimen oportuna.

O Consello Xeral do Poder Xudicial emitirá o seu informe no prazo improrrogable de trinta días. Se na orde de remisión se fixer constar a urxencia do informe, o prazo será de quince días. Excepcionalmente o órgano remitente poderá conceder a prórroga do prazo atendendo ás circunstancias do caso. A duración da prórroga será de quince días, salvo nos casos nos que na orde de remisión se fixese constar a urxencia do informe, nese caso será de dez días.

Cando non fose emitido informe nos prazos previstos no apartado anterior, terase por cumprido o devandito trámite.

O Goberno remitiráo  devandito informe ás Cortes Xerais no caso de se tratar de anteproxectos de lei (Artigo 561 LOPX)

O Pleno coñecerá exclusivamente da aprobación dos informes sobre os anteproxectos de lei ou de disposicións xerais que se sometan ao seu ditame polo Goberno ou as Cámaras lexislativas (Artigo 599.1.12ª LOPX)