Sala Terceira, do Contencioso-administrativo

A Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo coñecerá (art. 58 LOPX):

Primeiro. Nunha única instancia, dos recursos contencioso-administrativos contra actos e disposicións do Consello de Ministros, das comisións delegadas do Goberno e do Consello Xeral do Poder Xudicial e contra osos actos e disposicións dos órganos competentes do Congreso dos Deputados e do Senado, do Tribunal Constitucional, do Tribunal de Contas e do Valedor do Pobo nos termos e materias que a lei estableza e daqueloutros recursos que excepcionalmente lle atribúa a lei.

Segundo. Dos recursos de casación e revisión nos termos que estableza a lei.