Salir rápido
Pulsa este botón en cualquier momento para abandonar de inmediato esta página
Recuerda borrar tu historial de navegación para no dejar rastro después de informarte
Utilizamos cookies propias y de terceros únicamente para realizar mediciones y análisis estadísticos de la navegación por las diferentes secciones de la página web con la finalidad de mejorar el contenido que ofrecemos. Al hacer click en 'Aceptar todas las cookies', consiente que todas las cookies se guarden en su dispositivo. Para configurarlas o rechazar su uso haga click en el botón 'Configurar Cookies'.
Para más información consulte nuestra política de cookies
Salir rápido
Pulsa este botón en cualquier momento para abandonar de inmediato esta página
Recuerda borrar tu historial de navegación para no dejar rastro después de informarte
Nunha sentenza pioneira, obrígase ao Concello a aplicar a normativa estatal de accesibilidade que, para dotar de ascensor a edificios de vivendas antigos que carecen del, permite en supostos excepcionais a construción do ascensor sobre chan público
O Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Ourense vén de condenar ao Concello desta cidade a aceptar a instalación dun ascensor na fachada dun edificio, coa consecuente ocupación do dominio público municipal.
Nunha sentenza pioneira, obrígase ao Concello a aplicar a normativa estatal de accesibilidade que, para dotar de ascensor a edificios de vivendas antigos que carecen del, permite en supostos excepcionais a construción do ascensor sobre chan público.
Trátase dun edificio de vivendas de cinco plantas, sen ascensor, no que reside xente maior con problemas de accesibilidade. O inmoble carece de patio interior, e para poder instalar o ascensor por dentro do edificio habería que realizar unha obra desproporcionadamente complexa, derrubando parte das vivendas. Dadas estas circunstancias, o maxistrado condena ao Concello a aceptar a opción de instalación do ascensor pola fachada exterior do edificio, sobre chan público. O fallo non foi apelado por ningunha das partes, polo que o mesmo é firme.